viernes, 5 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO

Xa chega a semana de Entroido!!


E ademais das instruccións de Tintileo, ao longo de toda a semana que vén (8 ao 12 de febreiro) propoñémosvos que acudades ao centro con:









viernes, 29 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

Este venres 29, celebramos no colexio o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.





A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, día ni que no CEIP Manuel Mallo Mallo nos comprometemos a exercer de defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Seguimos promovendo unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

Como cada ano, o proxecto da Biblioteca Escolar inspira as manifestación artísticas derivadas da celebración, e así, neste curso anosa mascota Gaudileo, inaugurou un "MUSEO DA PAZ". Estas son as obras de arte que realizaron as nenas e os nenos da nosa escola:










No cristal do MUSEO DA PAZ podemos ler un fermoso poema escrito polo alumnado de 1º de educación primaria: 







Ademáis destas actividades grupais, en cada clase visionouse unha película relacionada coa celebración e se traballou nas aulas en relación a esta data.

E como a COVID-19 mantennos mudos e enmascarados, este ano a canción de paz que interpretamos todos xuntos é un karaoke silencioso ;D
Agardamos que vos guste!






martes, 12 de enero de 2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/2022- FASE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRIPCIÓN

 Inicio do prazo de reserva de prazas en centro de adscripción:

(exclusivamente para reserva de praza nos centros adscritos)


  • Prazo do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
  • Consulta de listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do 28 de febreiro, debe de realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado .

NORMATIVA:

ORDE DO 18 DE NOVEMBRO DE 2020

ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2017

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013

DECRETO 254/2012, DO 13 DE DECEMBRO, polo que se regula a admisión...


IMPRESOS:

ANEXO I

ANEXO I bis

O alumnado que desexe solicitar reserva de posto escolar no IES Nosa Señora dos Ollos grandes (centro ao que está adscrito o CEIP Manuel Mallo Mallo)  deberán presentar a solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I.

A solicitude poderase presentar no centro do alumno/a ou na web "Admisión alumnado"

A reserva tem carácter vinculante, polo que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula en tempo de forma no centro de adscrición (data por concretar).



martes, 22 de diciembre de 2020

NADAL 2020

 


Non esquezades pasar polo blog da Biblioteca, onde podedes consultar as recomenacións de lectura do Nadal, e ver  a árbore que realizamos cos corazóns que aportaron as familias, así como outros traballos do alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo. Feliz 2021!

martes, 24 de noviembre de 2020

25 de novembro

https://drive.google.com/uc?export=view&id=1zGO1Pl79hJjr336MNJfrC03bgpj1zxiD

Mañá sumámosnos un ano máis á campaña da ONU “Orange world “
Será unha celebración de aula cunha pequeña conexión por videoconferencia entre todos as aulas do centro.
 Pedlmos a vosa colaboración para facer visible esta campañana, e por iso mañá, mércores 25, o alumnado e personal do CEIP Manuel Mallo Mallo acudirá al centro cunha prenda de cor laranxa. 
Grazas!!
https://drive.google.com/uc?export=view&id=1rPXkZ_ifPqOv1zxdemD4mJivjNItyTzG

martes, 17 de noviembre de 2020

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO



No D.O.G. do 13 de novembro de 2020 publicouse a Orde do 6 de novembro que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado de Ensinanzas obrigatorias.

ALUMNADO DESTINATARIO

  • O alumnado matriculado en Educación Primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 non ten que presentar solicitude.

  • O alumnado matriculado en Educación Primaria que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

 - pertenza a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Renda 2018).

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.


TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • Presencialmente no centro en horario de secretaría previa petición de hora.
  • Prazo presentación:  desde o 16 ata o 27 de novembro 2020
  • Documentación:  ANEXOI E ANEXO II. A solicitude terá que vir debidamente cuberta e asinada, xunto coa copia e orixinal de toda a documentación aportada.

 

ENTREGA DE MÁSCARAS: durante o mes de decembro o alumnado beneficiario da axuda recibirá 4 máscaras hixiénicas reutilizables segundo a especificación UNE.


martes, 15 de septiembre de 2020

ACTUALIZACIÓN SAÍDAS



INFORMACIÓN IMPORTANTE DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Debido á especial situación derivada da pandemia de SARS-Cov-2, e para manter a distancia interpersoal recomendada, este curso realizaranse dúas quendas no servizo de comedor escolar.

 

 

NON TRANSPORTADOS

TRANSPORTADOS

1ª QUENDA

14:00 - 14:30

4º ed. infantil

Serán entregados ás 14:30 pola porta traseira. En caso contrario recolleranse ás 15:30 na porta traseira.*

Os autobuses saen ás 15:30.

(15:15 en xuño

e setembro).

5º ed. infantil

1º ed. primaria

2º ed. primaria

3º ed. primaria

2ª Q

14:45 15:15

6º ed. infantil

Sairán pola porta traseira ás 15:30

4º ed. primaria

5º ed. primaria

6º ed. primaria

*As familias que desexen recoller ao alumnado ás 14:30 h. manterán este horario ao longo de todo o curso escolar.

 

jueves, 10 de septiembre de 2020

NOVAS "VOLTA SEGURA ÁS AULAS"

A data de hoxe, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar na página web varios documentos relacionados co protocolo e a volta  ás aulas. Podedes consultala no seguinte enlace:


http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

lunes, 7 de septiembre de 2020

Inicio da actividade lectiva



Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, iniciamos as clases do seguinte xeito:


  • O día 10 de setembro, xoves, incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
  • O día 11 de setembro, venres, incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.



ALUMNADO NON TRANSPORTADO

O alumnado de educación primaria non transportado, entrará pola porta traseira ás 8:55h sen ningún acompañante e de xeito individual e trala hixiene de mans, dirixirase á sua fila correspondente, que lle será indicada o día do inicio. Se as condicións meteorolóxicas son desfavorables, as filas formaranse no pavillón coa debida distancia entre cursos.

Recordamos que o uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersonal, sen prexuízo das exencións previstas no ordenamento xurídico. 

O alumnado (a partir do nivel de infantil) e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.

O alumnado de educación infantil non transportado, entrará pola porta traseira ás 9:15 h. Poden ir acompañados dun só responsable, que despois da hixiene de mans de ambos, dirixiranse ao porche de infantil onde un profesor recollerá ao alumnado. 

O alumnado de infantil utilizará máscara nos espazos comúns, e terá que levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.

A saída do alumnado non transportado será do seguinte xeito:
  • 3º e 4º de educación primaria, sairán pola porta principal ás 14:00 h, 
  • 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria sairán ás 14:00 pola porta traseira.
  • alumnado de educación infantil sairá ás 13:45 pola porta traseira.



ALUMNADO TRANSPORTADO

O alumnado transportado, que debe de traer máscara no autobús, entrará pola porta principal tras realizar a hixiene de mans. O profesorado de garda realizará a custodia do alumnado en filas que se formarán no espazo habilitado para o recreo de cada curso. Se as condicións meteorolóxicas non acompañan, formarán as filas no pavillón onde serán recollidos polo profesorado de primeira hora. 

Tanto o alumnado de infantil como o de primaria, utilizará máscara nos espazos comúns, e terá que levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.








martes, 1 de septiembre de 2020

COMEZAMOS!

 




O inicio da actividade lectiva será, atendendo ás ordes da Consellería, de xeito escalonado. Así:

  • 10 de setembro: 4º (pendente período de adaptación) e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria.
  • 11 de setembro: 6º de infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
A entrega dos cheques de libros de texto e material, así como a adxudicación dos libros de texto, realizarase (en horario de 10 a 13h) nas seguintes datas:

  • Mércores 2, xoves 3 e venres 4 de setembro: entrega de vales a 1º e 2º de primaria e de vales e libros de texto a 4º e 6º de primaria.

  • Luns 7 e martes 8: entrega de vales e libros de texto a 3º e 5º de educación primaria.

Virá unha soa persona por familia, sempre con máscara e respectarase en todo momento a distancia de seguridade, procedendo ao desinfectado das mans cos dispensadores de xel hidroalcohólico que atoparán á entrada de cada aula/pabillón.


De non poder acudir ao centro no turno que lle corresponda, ou calquera outra consulta, atenderase ás familias previa cita telefónica chamando ao teléfono: 

982 870 456.



LIBROS DE TEXTO CURSO 2026 2027