martes, 27 de noviembre de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA A MULLERES E NENAS

O luns 26 de novembro celebramos  no coleio o Día Internacional contra a Violencia a Mulleres e Nenas sumándonos un ano máis á proposta da ONU "Pinta o mundo de laranxa", esta edición co lema "Escóitame Tamén".




Nos días previos a esta xornada, traballouse nas aulas co obxectivo  de xerar conciencia e previr a violencia contra mulleres e nenas. Tamén cada neno/a escribiu os cancelos desta jornada, así como mensaxes de apoio nun lápis de cor laranxa, que intercambiaron con outro compañeiro/a nun acto no que o alumnado de sexto curso deu lectura a un manifesto.





viernes, 23 de noviembre de 2018

AVENTURAS CO BREO

Hoxe Tintileo, fiel ás súas cores, trouxo á biblio un ano más a dous grandes xogadores do CB Breogán. Esta tempada nos visitaron Christian Díaz e Emir Sulejmanovic, aos que acompañaron o Coordinador de pista, Pepe Baamonde e o Director deportivo, Quique Fraga.

Alí charlaron con nós e respostaron a todas as preguntas que lles fixemos. Tamén lles recitamos un poema que escribimos entre todos para eles e fixemos moitas fotos.































viernes, 2 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Hoxe celebramos no cole a festa do Samaín, cunha contacontos, a visita dunha meiga que elaborou unha pócima para espantar os medos, unha danza de bruxas e bruxos e unha sesión de photocall.

Tamén se realizou a votación popular para elixir a cabaza gañadora, e un xurado formado por mestras aínda está deliberando os ganadores do concurso de poemas de medo. Estes premios entregaranse  na festa do Magosto o vindeiro 16 de novembro.

Grazas a todos pola vosa colaboración!

Podes ver todas as fotos da festa NESTE ENLACE. Tamén temos este vídeo:



DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...