O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensibilizar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
martes, 3 de diciembre de 2024
lunes, 11 de noviembre de 2024
martes, 29 de octubre de 2024
martes, 10 de septiembre de 2024
INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA
martes, 25 de junio de 2024
lunes, 27 de mayo de 2024
martes, 21 de mayo de 2024
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos os dous incluídos.
MODO DE PRESENTACIÓN:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica polos pais, nais, os titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. da presente Orde a través do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Poderánse empregar mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede elctrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros edcuativos ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
1. Solicitude (Anexo I)
2. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
3. Copia do libro de familia ou documento equivalente, donde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
*No caso de non poder facelo a través dos medios anteriores, poderase acreditar o número de membros computables utilizando os seguinte medios: certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente ao concello onde resida a familia.
En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribuación da custodia do/da menor.
4. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquer membro da familia expedido na Administración autonómica.
5. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artígo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
6. Documentación xustificativa da situación de violéncia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
7. Documentación xustificativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
8. No caso de que o pai e nai carezcan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade famliar a 31 de decembro de 2022.
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servicios sociais o do órgano equivalente ao concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o tutor ou titores carezcan de DNI e NIE.
9. Outra documentación.
Avisaremos polos medios habituais da publicación das listaxes e dos prazos de entrega de vales e libros.
NON se admitirán solicitudes fóra de prazo.
miércoles, 3 de abril de 2024
viernes, 1 de marzo de 2024
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e que ten os seguintes prazos:
- Do 1 ao 20 de marzo de 2024: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
- 25 de abril de 2024: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
- 15 de maio de 2024: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
- Do 20 ao 30 de xuño de 2024: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
- Aplicación “admisionalumnado”, para presentación telemática.
- Manual axuda para as familias.
- Solicitude de admisión: ED550B.
- Procedemento admisión na Sede Electrónica.
jueves, 22 de febrero de 2024
miércoles, 17 de enero de 2024
ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA NO IES PARA O ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
RESERVA DE PRAZA - Curso 2024/2025
O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o alumnado que cambia de etapa educativa e desexa continuar estudos no centro de adscrición (IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES) o curso 2024-2025 será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.
A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado (premendo no menú da mesma en Solicitudes > Reserva > Crear) e presentarase en sede electrónica ou, de xeito manual, no centro de orixe do alumnado.
A publicación das listaxes de prazas asignadas mediante reserva de praza farase no taboleiro de anuncios dos centros de orixe e de destino antes do 23 de febreiro.
O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de admisión (nin solicitude de reserva).
Máis información na propia aplicación de admisionalumnado (normativa relacionada, manual de uso da aplicación para as familias, modelos solicitudes, consulta de listaxes de admitidos).
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...