miércoles, 30 de mayo de 2018

Maio cultural

O alumnado de 6º curso, realizou onte unha saída cultural na que visitaron a Domus do Mitreo, un xacemento que conserva os restos dunha domus datada nos séculos I e II e que albergada un templo de culto ao deus Mitra.







Despois, visitamos a exposición Traxandaina, na capela de Santa María, que amosa unha colección de 25 traxes tradicionais galegos dos séculos XIX e principios do XX.

Grazas a Francisco, o pai de Paula e Alicia, que nos explicou cada traxe.









Parabéns!


O venres 25 de maio, Paula e María recolleron os seus premios como finalistas do concurso de debuxo dos premios Muralla, organizado polo diario "El Progreso".




As dúas foron finalistas entre máis de 3000 debuxos que se presentaron a esta edición.


Parabéns!









lunes, 21 de mayo de 2018

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR


Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar:

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

Extracto da Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

Anexos I e II


DESTINATARIOS:


  • Axudas para adquirir libros de texto : 1º e 2º EP 
  • Fondo solidario libros de texto : 3º a 6º EP
  • Axudas material escolar: educación primaria


  • PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 22 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos), poidendo facelo na secretaria do centro ou por vía electrónica: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
  • LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS: 2 XULLO 2018
  • RECLAMACIÓNS: 3 e 4 DE XULLO 2018
  • LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS: 9 XULLO 2018
  • ENTREGA DE VALES DE MATERIAL: 9 ao 13 XULLO 2018
  • ENTREGA DE LIBROS DO FONDOLIBROS: SETEMBRO 2018


miércoles, 16 de mayo de 2018

Letras galegas


Celebramos o Día das Letras Galegas con un acto na biblioteca, no que o alumnado de 5º e 6º de EP repasaron a vida e obra de Mª Victoria Moreno. 


Tamén se deu lectura a varios poemas da autora homenaxeada por parte dos nenos e nenas de EI e 1º a 4º de EP.



Unhas regueifas escritas por 5º e 6º finalizaron o acto na biblioteca, tras o cal, colocáronse nun taboleiro as caricaturas da autora elaboradas con materiais de refugallo.


Finalmente, as "Old Stars Galia" enfontáronse aos campións da liga colexial de balonmán, 6º de EP.

Se queres ver máis imaxes desta celebración, clica aquí.

viernes, 11 de mayo de 2018

Maio solidario: Senegal

Hai aproximadamente un par de meses que iniciamos unha campaña de recollida de material escolar e artístico, para enviar a Sanghé, Thiès, Senegal.
Realizamos un caderno para os nenos desa poboación, onde nos presentamos e contamos como é a vida aqui.


Onte visitounos  Encarna Álvarez Gallego, a psicóloga que entregou o noso material e que estivo 15 días convivindo cos nenos senegaleses, Contounos moitas cousas: como viven, como é un día na escola,  a súa alimentación, o idioma, os xogos e bailes...





Trouxonos varios debuxos dos nenos de aló, unha tea típica, o seu diario de viaxe e un vídeo no que resume o seu paso polo país africano e onde se pode ver aos nenos traballando co material enviado dende o CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela.


Nos vindeiros días, poderedes visitar na biblioteca do cole a exposición "PUNTADAS ANÓNIMAS", con obras de  Encarna Álvarez Gallego.

Máis fotos da charla NESTE ÁLBUM

miércoles, 9 de mayo de 2018

COORENLINGUA 2018

Recén chegados de participar no Correlingua 2018, actividade encamiñada a sensibilizar á sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua, a asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares,e contribuír a manter vivo o maior patrimonio implicando ás xeracións máis novas, comunicámosvos que obtivemos o segundo premio no concurso de pancartas. 

A lingua non para!




Máis fotos, NESTE ÁLBUM.

martes, 8 de mayo de 2018

GRAZAS!




Hoxe rematamos o reto solidario 100 por 100 con el MEF2C, coa venda das primeiras 100 pulseiras.

Compartimos con vós a carta de agradecemento que nos enviaron dende a asociación e que facemos extensiva a nenos e familias.

Grazas polo voso compromiso e solidariedade!



sábado, 5 de mayo de 2018

Maio: mes solidario e fotografía ecolóxica

Comezamos un mes de maio que vén cheo de actividades, da que xa vos iremos dando noticias.



Tintileo apareceu hoxe para traernos un novo lote de pulseiras a beneficio da Asociación Síndrome de Microdeleción 5q14.2-MEF2C. Este síndrome baséase na falta un xen ou parte aun xen do cromosoma 5, afectando a enfermedade ao desarrollo psicomotor e causando un retraso importante con rasgos do espectro autista e crises epilépticas. Tan só hai 60 persoas diagnóticadas no mundo con esta enfermidade, 4 delas en España. 

E desde o CEIP Manuel Mallo Mallo queremos colaborar na recadación de fondos para a investigación e tratamiento desta estraña patoloxía sumándonos ao reto do capitán do CB Breogán, SALVA ARCO.



Se ti queres colaborar, podes mercar a túa pulseira solidaria nas oficinas do cole.

#loimposiblesolocuestamás. #juntosmiramosalfuturo



Ao longo deste mes de maio, celebraremos un concurso de FOTOGRAFÍA ECOLÓXICA. Nos vindeiros días, anunciaremos as bases. Participa!!



DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...