viernes, 26 de octubre de 2018
miércoles, 24 de octubre de 2018
24 de outubro: DÍA DA BIBLIOTECA
Hoxe foi un día moi especial na escola: Con motivo da celebración do Día das bibliotecas (24 de octubro), no CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, realizamos a presentación do Proxecto Documental Integrado daBiblioteca Escolar para este curso 2018/2019, baixo o título "Tintileo Aventureiro".
Comezamos a xornada a primeira hora, coa aparición en cada aula dun cofre que contiña unha carta con instruccións, mapas, pistas e material para caracterizarnos, convertíndonos en exploradores da man de "Tintileo Jones" e buscar cada curso cadanseu tesouro agochado por todo o colexio.
Despois de atopar o tesouro, dirixímonos á entrada da biblioteca onde nos agardaba unha sorpresa: apareceu Tintileo acompañado da arqueóloga e xornalista Mary!
E, ao igual que en cursos anteriores, non veu coas mans baleiras: entregounos a cada curso un clásico de aventuras. Estes libros serán o fío condutor para traballar durante todo o curso, e de xeito globalizado este proxecto integrado no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares).
Tivemos tamén a visita de Jesús Trashorras, antigo mestre do colexio, que recitou un poema da súa autoría dedicado a todos nós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...