martes, 15 de septiembre de 2020

ACTUALIZACIÓN SAÍDAS



INFORMACIÓN IMPORTANTE DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Debido á especial situación derivada da pandemia de SARS-Cov-2, e para manter a distancia interpersoal recomendada, este curso realizaranse dúas quendas no servizo de comedor escolar.

 

 

NON TRANSPORTADOS

TRANSPORTADOS

1ª QUENDA

14:00 - 14:30

4º ed. infantil

Serán entregados ás 14:30 pola porta traseira. En caso contrario recolleranse ás 15:30 na porta traseira.*

Os autobuses saen ás 15:30.

(15:15 en xuño

e setembro).

5º ed. infantil

1º ed. primaria

2º ed. primaria

3º ed. primaria

2ª Q

14:45 15:15

6º ed. infantil

Sairán pola porta traseira ás 15:30

4º ed. primaria

5º ed. primaria

6º ed. primaria

*As familias que desexen recoller ao alumnado ás 14:30 h. manterán este horario ao longo de todo o curso escolar.

 

jueves, 10 de septiembre de 2020

NOVAS "VOLTA SEGURA ÁS AULAS"

A data de hoxe, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar na página web varios documentos relacionados co protocolo e a volta  ás aulas. Podedes consultala no seguinte enlace:


http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

lunes, 7 de septiembre de 2020

Inicio da actividade lectiva



Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, iniciamos as clases do seguinte xeito:


  • O día 10 de setembro, xoves, incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
  • O día 11 de setembro, venres, incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.



ALUMNADO NON TRANSPORTADO

O alumnado de educación primaria non transportado, entrará pola porta traseira ás 8:55h sen ningún acompañante e de xeito individual e trala hixiene de mans, dirixirase á sua fila correspondente, que lle será indicada o día do inicio. Se as condicións meteorolóxicas son desfavorables, as filas formaranse no pavillón coa debida distancia entre cursos.

Recordamos que o uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersonal, sen prexuízo das exencións previstas no ordenamento xurídico. 

O alumnado (a partir do nivel de infantil) e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.

O alumnado de educación infantil non transportado, entrará pola porta traseira ás 9:15 h. Poden ir acompañados dun só responsable, que despois da hixiene de mans de ambos, dirixiranse ao porche de infantil onde un profesor recollerá ao alumnado. 

O alumnado de infantil utilizará máscara nos espazos comúns, e terá que levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.

A saída do alumnado non transportado será do seguinte xeito:
  • 3º e 4º de educación primaria, sairán pola porta principal ás 14:00 h, 
  • 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria sairán ás 14:00 pola porta traseira.
  • alumnado de educación infantil sairá ás 13:45 pola porta traseira.



ALUMNADO TRANSPORTADO

O alumnado transportado, que debe de traer máscara no autobús, entrará pola porta principal tras realizar a hixiene de mans. O profesorado de garda realizará a custodia do alumnado en filas que se formarán no espazo habilitado para o recreo de cada curso. Se as condicións meteorolóxicas non acompañan, formarán as filas no pavillón onde serán recollidos polo profesorado de primeira hora. 

Tanto o alumnado de infantil como o de primaria, utilizará máscara nos espazos comúns, e terá que levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.








martes, 1 de septiembre de 2020

COMEZAMOS!

 




O inicio da actividade lectiva será, atendendo ás ordes da Consellería, de xeito escalonado. Así:

  • 10 de setembro: 4º (pendente período de adaptación) e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria.
  • 11 de setembro: 6º de infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
A entrega dos cheques de libros de texto e material, así como a adxudicación dos libros de texto, realizarase (en horario de 10 a 13h) nas seguintes datas:

  • Mércores 2, xoves 3 e venres 4 de setembro: entrega de vales a 1º e 2º de primaria e de vales e libros de texto a 4º e 6º de primaria.

  • Luns 7 e martes 8: entrega de vales e libros de texto a 3º e 5º de educación primaria.

Virá unha soa persona por familia, sempre con máscara e respectarase en todo momento a distancia de seguridade, procedendo ao desinfectado das mans cos dispensadores de xel hidroalcohólico que atoparán á entrada de cada aula/pabillón.


De non poder acudir ao centro no turno que lle corresponda, ou calquera outra consulta, atenderase ás familias previa cita telefónica chamando ao teléfono: 

982 870 456.



DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...