miércoles, 22 de febrero de 2017
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano."
Para o alumnado de nova incorporación que escolla matricularse no CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, como primeira opción, deberá cumplimentar o ANEXO II. O prazo de entrega de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2017.
jueves, 16 de febrero de 2017
martes, 14 de febrero de 2017
Saída cultural: San Paio de Narla
Ao longo desta semana, todo o alumnado de educación primaria, visitará o Museo-Fortaleza de San paio de Narla, pertencente á Rede Museística Provincial de Lugo. Trátase dun dos castelos mellor conservados e máis antigos da provincia lucense.
A súa existencia remóntase ao século XIII, cometendo este dato pola existencia dun sillar cunha inscripción onde se informa do século probable da sua construción. Ademais, pódese comprobar que as marcas dos canteiros coinciden con outras da comarca situadas sobre igrexas de orixe románico.
Promoveron esta fortaleza os membros da familia Prado, emparentados coa realeza do Reino de León.
O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior.
A planta baixa acolle diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros...) Nas cortes dos cabalos instaláronse cadeiras de man e de montar a cabalo e na adega móstranse os elementos propios desta dependencia (pelellos, prensadores de uvas, medidas de viño...
A primeira planta componse dunha cociña na que se encontran tres elementos da construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc. ; un salón cunha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista ; a sala do tear; un escritorio e un dormitorio.
O primeiro e segundo piso da Torre da Homenaxe albergan as coleccións de armas brancas e de fogo, destacando unha armadura de placas de hasta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc.
No terceiro piso sobresae a cheminea renacentista que Vasco das Seixas mandou construír no século XVI.
A capela, de planta cuadrangular, foi construída no século XVIII e ten un retablo do XIX con diversas imaxes populares.
Podes ver aquí as fotografías de 3º e 4º de primaria
LA VIE EN ROSE
Hoxe, 14 de febreiro, fixemos entrega dos premios do certame "LA VIE EN ROSE".
O xurado quere transmitir que foi moi complicado outorgar os premios, xa que a participación foi moita e os traballos de gran calidade.
Grazas a todos!
viernes, 10 de febrero de 2017
Retrato
Hoxe tivemos a fortuna de que Paco posara para nós na carballeira. Empezamos co retrato no Proxecta "Fotografía en curso".
jueves, 9 de febrero de 2017
Actividades Extraescolares: O HORTO
Hoxe, 8 de febreiro, comezou a actividade no horto promovido polo Concello de Lugo.
Esta actividade, que vai dirixida ao alumnado de Educación Infantil, principia cunha explicación e a posterior plantación de allos.
Cada neno colocou no rego un dente de allo,iniciando así o Proxecto do horto que rematará co curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...