viernes, 28 de febrero de 2020

ADMISIÓN ALUMNADO

Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web:

Tal como queda reflectido na dita Orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.
Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’:

que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “t” e “g”  para o primeiro apelido e “e” e “x” para o segundo.


Podes descargar aquí o formulario de admisión: ANEXO 1 ADMISIÓN

lunes, 3 de febrero de 2020

ADMISIÓN ALUMNADO

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
  • O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito, presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.


DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...