Hai uns días, tivemos a sorte de participar nos ALMORZOS SAUDABLES, un programa do Concello de Lugo que presenta aos máis pequenos os beneficios dunha alimentación saudable e a importancia dun bo almorzo.
Da man de Matapiollos, os máis cativos do colexio, aprendemos a importacia do almorzo, os valores nutricionais dos alimentos e ademais, pasámolo xenial!
SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.
Rematamos a semana da muller compartindo con todos vós as tres últimas biografías deste proxecto. O alumnado de 6º de EP e de 5º e 6º de infantil, traballaron as figuras de Teresa de Calcuta, Jane Goodall e Amelia Earhart.
Seguimos investigando e dando a coñecer a historia de mulleres importantes en diferentes ámbitos. Hoxe foi o turno de Rosa Parks (década dos 50) e Ángeles Alvariño (anos 2000, no 100 aniversario do seu nacemento).
Foron as nenas e nenos de 4º de primaria e 4º de infantil os que gravaron estas imaxes.
O Día Internacional da Muller, celébrase cada 8 de marzo e foi recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, para facer ver as súas reinvindicacións, para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.
No CEIP Manuel Mallo Mallo, iniciamos hoxe un percorrido polas décadas do século XX, coñecendo a mulleres que realizaron un labor importante no desenvolvemento político, social, científico, económico, cultural... e son os nenos os que as presentan.
Cada curso, elixiu unha figura da década que está a traballar no proxecto de Biblioteca Escolar, e así xurdíu a idea da realización dun vídeo para que o resto da comunidade escolar tamén coñeza estas importantes figuras.
Ao longo desta semana, irase creando unha exposición con obxectos destas mulleres, acompañados da súa biografía.
Comezamos coa década do 90. O alumnado de 3º de EP realiza unha enquisa a...