PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 21 de marzo de 2021, ambos incluídos.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- ANEXO II (instrucións)
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do dni do alumno/a ou fotocopia do libro de familia).
- Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
A solicitude pode presentarse:
a) Cubrindo o modelo Anexo II - ED550B, que podes descargar aquí e presentar na secretaría do centro escollido en primeira opción.
b) Entrando na aplicación, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e acceder con Certificado Dixital, Chave365 ou calquera outro medio de acreditación. (instruccións)
A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.
DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN:
- Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.
- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
- Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO
- IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados.
- 4º EDUCACIÓN INFANTIL: 25
- 5º EDUCACIÓN INFANTIL: 8
- 6º EDUCACIÓN INFANTIL: 5
- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
- 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: 5
- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
- 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: 8
- 5º EDUCACIÓN PRIMARIA: 8
- 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7