Recordamos que a partir de mañana, mércores 1 de xuño, NON HABERÁ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, e a saída do alumnado do comedor escolar serás ás 15:15 horas.
miércoles, 31 de mayo de 2017
martes, 30 de mayo de 2017
Visitas a Puleva
Hai uns días, o alumnado de 5 anos, 1º e 2º de educación primaria, realizamos unhas visitas á fábrica de Puleva, onde, da man de Max, percorremos as instalacións e coñecemos o proceso de envasado. Despois de cubrir un caderniño, Max e a súa axudante agasalláronnos cunha mochila e un diploma.
Tamén probamos os batidos. Que bos estaban!
jueves, 25 de mayo de 2017
CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
(Orde do 16 de maio de 2017 (DOG 22 de maio)
- - Fondo solidario de libros de texto para os alumnos de 3º,4º,5º e 6º de Primaria. (Renda per cápita inferior a 5400: 6 libros/Renda per cápita entre 5400 e 9000 : 4 libros)
- - Axudas para aquirir libros para alumnos de 1º e 2º de Primaria
- (Renda per cápita inferior a 5400 : 170 euros/Renda per cápita entre 5400 e 9000 : 90 euros)
- - Axudas para adquirir material escolar para alumnos de Primaria (Renda per cápita inferior a 5400 : 50 euros)
-
OBRIGAS: os alumnos que participan no fondo solidario ou reciben axudas deben devolver os libros que se lles adxudiquen e conservalos en bo estado.
-
Os que xa participaron no fondo solidario durante este curso deben devolver os libros antes do 23 de xuño.Para o cálculo : situación familiar e renda 2015 (Didivir renda: recadro 380 + recadro 395 ) entre o número de membros da unidade familiar computables.Cando non se presentase a renda teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 23 de maio ao 23 de xuño de 2017.Impresos: Anexo I.(Na secretaría do centro ou no enderezo www.edu.xunta.es )
XADREZ
De novo, o noso equipo de xadrez, ven de conseguir un novo éxito!
O pasado día 20 de maio, , proclamáronse subcampións no Campeonato Provincial de xadrez, na categoría "alevín mixto", celebrado en Foz.
Parabéns!
jueves, 18 de mayo de 2017
Correlingua 2017
Hai uns días, os nenos e as nenas do noso cole participamos no Correlingua 2017, xunto con uns 1200 estudantes de diversos puntos da provincia.
Esta actividade, lúdica e reinvindicadora do uso da lingua galega, consistiu nunha carreira pola Muralla e o casco histórico de Lugo, que finalizou na praza de Santa María, onde houbo un concerto e a entrega dos premios deste certame, e nos que o noso colegio, acadou o primeiro premio provincial de pancartas.
A pancarta do noso cole, que reflexa o lema deste ano : "En galego, sen cancelas", foi elaborada polos nosos compañeiros de 6º de EP.
Parabéns para eles e en xeral para todo o centro!
lunes, 8 de mayo de 2017
Charla Luis Pérez
O xornalista natural de Nadela, Luis Pérez, achegouse hoxe ata a aula de 5º de primaria, para agasallarnos cunha charla sobre a vida na carballeira.
Luis contounos moitas anécdotas da súa infancia, de como se desarrollaba a vida arredor do Campo da Feira e da importancia que tiña este espazo na vida social e económica do noso pobo.
Esta actividade enmarcase dentro do proxecto de innovación "Fotografía en curso", que ten como centro de interese a Carballeira, e do que, en breve, teredes importantes novas.
Moitas grazas, Luis!
Luis contounos moitas anécdotas da súa infancia, de como se desarrollaba a vida arredor do Campo da Feira e da importancia que tiña este espazo na vida social e económica do noso pobo.
Esta actividade enmarcase dentro do proxecto de innovación "Fotografía en curso", que ten como centro de interese a Carballeira, e do que, en breve, teredes importantes novas.
Moitas grazas, Luis!
Feira Mini Emprenderores
O pasado día 5 de maio, dúas compañeiras co CEIP Manuel Mallo Mallo participaron na 1ª Feira de Mini Emprendedores de Lugo.
Trátase dunha iniciativa que xurde dende a Deputación, o Concello de Lugo e a Asociación de Mulleres Empresarias, co obxectivo de fomentar entre os máis novos valores como o espírito emprendedor, traballo en equipo, talento, creatividade ou a solidariedade.
Parabéns a Sabela e a Claudia!
miércoles, 3 de mayo de 2017
IV Campeonato de España por Equipos de Colegios 2017 (Categoría SUB 12)
A pasada fin de semana, un equipo do noso cole participou en Buitrago del Lozoya (Madrid) no IV Campeonato de España por Equipos de Colegios 2017 (Categoría SUB 12).
Erea, Hugo, Pablo e Sergio competiron con outros 39 equipos de toda España, acadando unha boísima posición no ranking nacional, sendo ademais o único centro escolar galgo participante no torneo.
Parabéns aos catro!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...