martes, 20 de diciembre de 2016

Concurso de Postais de Nadal

Non foi nada doado escoller a tarxeta  deNadal que vai servir para felicitar esta festividade dende o colexio. finalmente, escolleuse o traballo de Mencía e de Sofía, de 4º de primaria, que, dun xeito moi sinxelo, foron quen de expresar o traballo colaborativo de toda a comunidade educativa para a realización da árbore de Nadal.

Os outros dous premios foron para Noa, de 3 anos, e para Luis de 1º de primaria.

Parabén aos gañadores e ao resto de participantes. Cada ano é moito máis difícil elixir!


Mencía e Sofía (4ºEP)


Luis (1ºEP)

Noa (3 anos)

E xa que a entrada vai de concursos, felicitamos a Paula, de 5º curso de primaria, premiada no concurso "Educar para previr". Parabéns!

miércoles, 14 de diciembre de 2016

Achégase o Nadal...

...e xa  podemos amosarvos o resultado da vosa inestimable colaboración coa decoración desta data.

Así quedou a nosa árbore de Nadal. Grazas a toda a comunidade educativa, alumnado, nais e pais, profesorado e traballadoras do centro,  polo esforzo realizado e a cooperación e participación neste, e en cada un dos proxectos que se desenvolven na escola.

Para todos vós: Bo Nadal!





jueves, 24 de noviembre de 2016

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia a mulleres e nenas







Dende o Observatorio da Convivencia do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, e en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua e o Equipo de Biblioteca Escolar, e ao abeiro do I Plan de actuación para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, propoñemos á comunidade educativa a participación na campaña da ONU:

ÚNETE: PINTA O TEU MUNDO DE LARANXA


para poner fin á violencia contra ás mulleres e nenas.

Podedes ver aquí as imaxes do día

miércoles, 23 de noviembre de 2016

Pensando no Nadal

Conta atrás para a celebración de Nadal!
Como cada ano, pedimos a colaboración da Comunidade Educativa para adornar o colexio. Este curso, en lugar de adornos, solicitamos a vosa colaboración para crear unha árbore con materiais de refugallo.

No seguinte video-titorial, explicamos como podedes axudarnos nesta proposta de Tintileo:


lunes, 21 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno.

O alumnado de 4º de educación primaria, que están traballando a década dos 50 no proxecto anual do PLAMBE, realizou un vídeo no que resumen os dez principios que conforman esta declaración asinada na ONU en 1959.

Noraboa a Mencía, Erea, Alejandro, Víctor, Sofía, Esteban, Maxi, Dani, Noa e Eloy!



miércoles, 9 de noviembre de 2016

Magosto

Mira aquí as fotos do día.

O vindeiro 11 de novembro, celebraremos o Magosto no cole.
Haberá xogos polulares, carreira de relevos, e este curso iniciamos o Torneo María Castaña.




Non esquezade traes unha bolsiña de castañas, xa picadas, o xoves día 10!

domingo, 30 de octubre de 2016

Samaín e Halloween

Debuxo de Laura 


O venres 28 celebramos no cole  Samaín e Halloween.

Durante toda a semana, recibimos as cabazas decoradas e os traballos para o I Concurso de carteis de medo. Foi un éxito, tanto en número como en calidade. Que dificil elixir un...




A media mañá do venres, o alumnado de 1º e 5º sorprendéronos cunha coreografía de Thriller, de Michael Jackson. Parece que Tintileo xa deixou traballo para coñecer algo da música dos 80...

Foron unhas xornadas de formación entre iguais, nas que os nenos de 5º, se trasladaron á aula de 1º e prepararon xuntos disfraces, maquillaxes e os pasos de baile. daban un pouco de medo!

Tintileo aproveitou que estabamos todos xuntos para facer entrega das Maletas Viaxeiras.





No transcurso do recreo, o alumnado e persoal do centro, realizou a votación para elixir o cartel más terrorífico. Non foi doado, pero había que elixir un!. Esta vez, foi o de Ángela, de 1º.






Tintileo deixou un recado a Fefa: que contara aos nenos de infantil o conte "Corre, corre, cabaciña!" Os de quinto coláronse na actividade... co gallo de aprender, non vaia ser que un día destes lles toque a eles ser os contacontos...





Regresamos ás aulas, e no transcurso da última hora de clase, os compañeros de sexto irrumpiron en todas as aulas e dependencias para darnos un susto de morte!  Trick-or-treat!









lunes, 24 de octubre de 2016

Día da Biblioteca Escolar

Hoxe, 24 de outubro, conmemoramos o DÍA DA BIBLIOTECA, este ano co lema: TERRITORIO DAS ARTES.

En Nadela, recibimos a visita especial de TINTILEO, que nos propuxo un traballo para todo este curso 2016/2017:

TINTILEO A TRAVÉS DAS DÉCADAS.

Apareceu ás 10:30 horas no patio do colexio, cun agasallo moi especial... Unha máquina do tempo! Para poder viaxar as diferentes décadas recentes da nosa historia. e para ir abrindo boca, entregou a cada aula unha película rodada en cada unha das décadas.

Deixounos tamén un vídeo que como foi que construiu a máquina do tempo:


Teredes máis información no blogue da biblioteca:


Pinchando aquí podes acceder á galería fotográfica desta actividade.

E como Tintileo é un crocodilo moi ao día nas novas tecnoloxías, comentou que a partir de agora, publicará as súas andainas nunha páxina de Facebook, que poderedes consultar no seguinte enlace.




viernes, 21 de octubre de 2016

Visita do CD Lugo

O pasado mércores 19 de outubro recibimos a visita de Marcelo, xogador do CD Lugo.


Foi moi amable con nós, atendeu ás noosas preguntas, fíxo fotos, asinou autógrafos e nos agasallou cunhas entradas para asistir ao próximo partido no Anxo Carro.


Antes de marchar, asinou no libro de visitas do colexio.

Grazas, Marcelo! Esperamos que a túa estancia en Lugo sexa agradable.








Na galería, podes ver o resto das imaxes do día.

lunes, 17 de octubre de 2016

Tintileo recomenda: Coñecemos a Bob Dylan

O cantante estadounidense Bob Dylan, acaba de ser nomeado Premio Nobel de literatura.
Estes días, nas entradas e saídas, escoitaremos unha selección dos seus temas máis coñecidos.



Música Tradicional

Comezamos a programación de Actividades Extraescolares e Complementarias cunha actividade conxunta co Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua. a visita de algúns membros do grupo Estoupacaldeiros de Rábade, que tocaron para nós algunhas pezas de música tradicional galega.
Os instrumentos quedarán uns días na aula de música para que o alumnado poda coñecelos mellor.


Clicando na imaxe, podes ver outras imaxes do día:



DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...