Este venres 29, celebramos no colexio o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
viernes, 29 de enero de 2021
DÍA DA PAZ
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, día ni que no CEIP Manuel Mallo Mallo nos comprometemos a exercer de defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Seguimos promovendo unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.
Como cada ano, o proxecto da Biblioteca Escolar inspira as manifestación artísticas derivadas da celebración, e así, neste curso anosa mascota Gaudileo, inaugurou un "MUSEO DA PAZ". Estas son as obras de arte que realizaron as nenas e os nenos da nosa escola:
No cristal do MUSEO DA PAZ podemos ler un fermoso poema escrito polo alumnado de 1º de educación primaria:
Ademáis destas actividades grupais, en cada clase visionouse unha película relacionada coa celebración e se traballou nas aulas en relación a esta data.
E como a COVID-19 mantennos mudos e enmascarados, este ano a canción de paz que interpretamos todos xuntos é un karaoke silencioso ;D
Agardamos que vos guste!
martes, 12 de enero de 2021
ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/2022- FASE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRIPCIÓN
Inicio do prazo de reserva de prazas en centro de adscripción:
(exclusivamente para reserva de praza nos centros adscritos)
- Prazo do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
- Consulta de listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do 28 de febreiro, debe de realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado .
NORMATIVA:
ORDE DO 18 DE NOVEMBRO DE 2020
DECRETO 254/2012, DO 13 DE DECEMBRO, polo que se regula a admisión...
IMPRESOS:
O alumnado que desexe solicitar reserva de posto escolar no IES Nosa Señora dos Ollos grandes (centro ao que está adscrito o CEIP Manuel Mallo Mallo) deberán presentar a solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I.
A solicitude poderase presentar no centro do alumno/a ou na web "Admisión alumnado"
A reserva tem carácter vinculante, polo que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula en tempo de forma no centro de adscrición (data por concretar).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)