* 3º a 6º EP: utilizarán o libro de relixión do curso anterior
viernes, 22 de junio de 2018
martes, 19 de junio de 2018
viernes, 15 de junio de 2018
viernes, 8 de junio de 2018
Toño Núñez
A biblioteca do cole encheuse hoxe de música e poesía, de historias de maxia, monstros, piratas e soños...
Gozamos moitísimo coa visita de Toño Núñez, que nos contou e nos cantou, fíxonos rir e bailar, engaiolounos cos seus poemas e historias e escarvou ata dar co poeta que levamos dentro.
Toño, non tardes en volver!
Máis fotografías da actividade neste álbum
Viaxe en 80 notas
Onte tivemos a sorte de recibir a Paquiño e Cotofina, acompañados da Banda Municipal de Lugo, que nos levaron de viaxe musical arredor do mundo.
Pasámolo pipa!
Más fotos neste álbum.
jueves, 7 de junio de 2018
APRENDENDO COAS FAMILIAS
Esta semana tivemos uns talleres impartidos por membros das familias dos nosos alumnos.
En 1º, a nai de Iria ensinounos a elaborar sales de baño, e co seu pai, aprendemos moitas cousas sobre flores e polinización.
En sexto, tivemos unha charla e unha práctica sobre iluminación e técnicas de retrato, que impartiu Alba, a irmá de María Guo, e da que veredas resultados na orla desde curso.
UN MES DE XUÑO MOI ATAREFADO!
Estes últimos días desenvolveuse unha grande actividade no colexio:
Os alumnos de 3º e 4º de primaria, realizaron unha caída cultural á Coruña, donde visitaron o Aquarium Finisterrae e o MUNCYT.
Pola súa banda, os nenos de 1º e 2º de primaria viaxaron a "O enredo do abelleiro", un museo do mel onde coñeceron de primeira man a importancia para os humanos das bellas.
Tamén saíron todos os pequenos de infantil, que gozaron dunha xornada en Marcelle Natureza.
A semana pasada, 1º, 2º e 3º aprendieron os beneficios dunha boa alimentación participando nos "Almorzos Saudables", actividades patrocinada polo Concello de Lugo.
E os constructores de 1º de primaria, da man da arquitecta Isabel, fixeron entrega aos compañeiros de infantil dunha casiña realizada por eles dentro do proxecto de biblioteca "Tintileo_reciclArte"
MÁIS FOTOS DESTAS ACTIVIDADES NESTE ALBUM
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...