jueves, 21 de diciembre de 2023
martes, 19 de diciembre de 2023
domingo, 17 de diciembre de 2023
jueves, 16 de noviembre de 2023
jueves, 2 de noviembre de 2023
lunes, 2 de octubre de 2023
miércoles, 28 de junio de 2023
viernes, 16 de junio de 2023
miércoles, 31 de mayo de 2023
miércoles, 24 de mayo de 2023
FONDO LIBROS
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Curso 2023/2024
Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
> Forma de presentación:
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023
> Máis información:
Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia
jueves, 4 de mayo de 2023
VISITA A VILADONGA E MEIRA
O alumnado de tercero e cuarto de primaria, realizaron unha visita ao Castro de Vilandonga onde gozaron do xacemento e do museo. A continuación visitaron a Igrexa de Santa Maria de Meira.
Aprenderon moito sobre a evolución do mundo dos castros e a etapa galaico-romana na provincia, así como do románico cisterciense.
A mañá estivo chea de anécdotas! Preguntádelle aos pequenos!
miércoles, 3 de mayo de 2023
miércoles, 26 de abril de 2023
ADMISIÓN ALUMNADO
jueves, 16 de marzo de 2023
miércoles, 1 de marzo de 2023
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023
O prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 23/24, ábrese dende hoxe mércores, 1 de marzo ata o luns 20 de marzo (ambos incluídos).
Os pais, nais e/ou titores legais que desexen presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
A través da aplicación admisión alumnadoPara presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 11 de abril, ambos os dous incluídos.
- Publicación no centro das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
- Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa
- publicación.
- Publicación no centro das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
- Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido.
- Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
MATRÍCULA
- Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS:
- 4º EDUCACIÓN INFANTIL: 25
- 5º EDUCACIÓN INFANTIL: 14
- 6º EDUCACIÓN INFANTIL: 8
- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7
- 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: 3
- 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
- 5º EDUCACIÓN PRIMARIA: 8
- 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7
miércoles, 8 de febrero de 2023
SEMANA DO ENTROIDO
SEMANA DO ENTROIDO!
martes, 24 de enero de 2023
Solicitude de reserva de praza para o curso 2023/2024
PRAZO:
DO 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO
Reserva
de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro que desexe
ser adscrito ao IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES.
- RESERVA DE PRAZA ON-LINE: Cumprimentar e enviar por sede electrónica (con certificado electrónico ou chave 365) ou imprimir e entregar no colexio.
- IMPRESO EN PAPEL: Cumprimentar e entregar no colexio o impreso que lles foi entregado na aula:
ED550A-C (Castelán)
O impreso de reserva de praza deberá ser asinado polos dous proxenitores, o que se presente como persoa solicitante asinará no anexo I e a outra persoa proxenitora asinará o seu consentimento no anexo I-bis.
-
Se non desexa que o seu fill@ continúe os seus estudos no IES Nosa Señora dos
Ollos Grandes, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose
alumnado novo, debendo presentar cumprimentado o Anexo II de admisión no centro
da súa preferencia, do 1 ao 21 de MARZO.
-
A non reserva da praza neste período, causa perda do dereito preferente a
una praza no instituto adscrito.
- A
reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación
de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no
centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de
admisión.
INFORMACIÓN
XERAL
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
lunes, 16 de enero de 2023
ALERTA LARANXA
A Consellería de Educación ven de publicar na súa página web unha alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña das provincias da Coruña e Lugo:
A empresa adxudicataria vén de comunicarnos que non pode garantir o funcionamento do transporte escolar do centro en horario de tarde (15:30h).
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...