lunes, 30 de abril de 2018

REINAUGURACIÓN BIBLIOTECA

Hoxe (por fin!) abrimos as portas na nosa recentemente remodelada biblioteca.

E se abriron do mellor xeito posible: apadriñados polo gran MAGO CARLOS, que nos fixo desfrutar enormemente co seu espectáculo ABRAPALABRA, no que comeu cartas, voaron caixas, creou animais fantásticos, fixo levitar unha mesa... e nos fixo rir ata chorar!







Titntileo apareceu tamén, interrompendo a actuación de Carlos para presentarnos a segunda sorpresa da mañá: a visita de dos xogadores do CB Breogán: SALVA ARCO e SERGI QUINTELA, que nos falaron da importancia do deporte no desenrolo integral dos nenos,  respostaron ás nosas preguntas, asinaron autógrafos e fixeron moitas fotografías.




















Salva tamén nos falou da iniciativa solidaria que promove, a beneficio da Asociación MEF2C, á que se sumou o claustro de profesoras.




Tamén se entregaron os premios do Concurso de adiviñas do mes do libro (parabéns a Laura e a Iria!), Mario nos presentou o seu libro (impresionante!) e finalizaron os actos cunha charla para o alumnado de 5º e 6º sobre Dereitos de autor e propiedad intelectual, na que Carlos Coira (esta vez como autor e libreiro) explicou en que consiste este dereito reconhecido como fundamental na Declaración Universal dos Dereitos Humanos de Nacións Unidas.



Boísima, Elvira!



Non vos parece un día incrible?

Máis fotos neste enlace





sábado, 28 de abril de 2018

Abril: Mes do libro




Finalizando as actividades do mes do libro, o vendeiro luns 30 de abril, reinauguramos a biblioteca escolar do CEIP Manuel Mallo Mallo. Tras un par de meses de obras de ampliación, abrimos de novo as portas da biblioteca, co apadriñamento de CARLOS COIRA, librero, autor, actor e mago.


Á entrada estarán expostos parte dos trabalhos elaborados polo alumnado con motivo da celebración do mes do libro.




Charla da Protectora de animais e plantas de Lugo


O venres 27 de abril, recibimos con moitísima ilusión a visita de Virginia, da Sociedade protectora de animais e plantas de Lugo. 

Veu acompañada de Lucki, e nos acosaron como entender e cuidar ás cosas mascotas.
Moitas graxas á ANPA do CEIP Manuel Mallo Mallo, que xestionou esta charla á que acodiron todos os cursos do colegio.

Accede á galería de esta actividade, clicando na foto.


lunes, 23 de abril de 2018

Día do libro

Hoxe 23 de abril, e á espera de celebrar o Día do libro na nosa recén ampliada biblioteca, fixemos un pequeno acto para conmemorar esta data, dando lectura a una serie de textos significativos relacionados coa celebración. 

A continuación, disfrutamos aun partido de baloncesto que enfrontou aos vencedores do II Torneo de Baloncesto CEIP Manuel Mallo Mallo, 6º EP contra o combinado "Old Star Galicia".


Deixámosvos un pase de diapositivas.


DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...