Aberto o prazo para solicitar a axuda para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023, desde o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022, ámbolos incluídos. Pódese presentar a solicitude de xeito telemático ou na secretaría do centro.
Beneficiarias
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
- a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3o, 4o, 5o e 6o de educación primaria (EP), e en 1o, 2o, 3o e 4o de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
- b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1o e 2o de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
- c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Prazo de presentación de solicitudes
Iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (19 de maio) e rematará o día 22 de xuño de 2022. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.
Só se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022/2023. As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:
- Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.
- De xeito telemático: na aplicación fondolibros.