Para celebrar o DÍA DA PAZ, este curso organizamos os I XOGOS OLÍMPICOS, nos que puxemos de manifesto os verdadeiros valores do deporte: a excelencia, a amizade e o respecto.
Esta actividade sumou os esforzos do Equipo de Biblioteca, co seu proxecto de "Tintileo a través das décadas", xa que cada curso participaba representando a unha época na que está traballando; o Observatorio da Convivencia, promovendo actividades que faciliten as boas relación entre o alumnado, o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, e a coordinación da profe de Educación Física.
Podes ver todas as fotos do día na nosa galería.