martes, 21 de diciembre de 2021

NADAL 2021









Ademáis da felicitación de Noa Cabaleiro (2º de educación primaria), resultaron finalistas as postais de Mario Álvarez (6º curso de educación primaria) e a de Ariadna Pena (5º de educación infantil).

As recomendaciones de lectura para o Nadal, poderanse consultar nos vinieron días no blog da biblioteca. 

Bo Nadal!







 



jueves, 18 de noviembre de 2021

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR: SECTOR NAIS/PAIS

PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

CURSO 2021-2022

CIRCULAR INFORMATIVA - SECTOR PAIS/NAIS

 

De acordo coa Convocatoria do 5 de novembro, recórdase que o próximo día 25 de novembro, en horario de 9:00 h. ás 9:30 h.  e de 13:30 a 15:40, terá lugar neste centro a votación para a elección do representantes do sector dos pais/nais no Consello Escolar.

Para participar na referida votación, tal como se sinala na citada Convocatoria, procederase da forma seguinte:

1.- Quen pode votar

Teñen dereito a votar todos os pais/nais  do alumnado matriculado no centro e que figuran no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral despois da súa exposición pública regulamentaria.

Tal dereito corresponde indistintamente ó pai e a nai, polo que son electores o pai e a nai.

2.-Modo de emitir o voto

a)   O voto será directo, segredo e non delegable.

b)   As papeletas e os sobres da votación serán, obrigatoriamente, as previamente fixadas pola Xunta Electoral, papeletas e sobres dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c)   Nas referidas papeletas figurarán os nomes das candidatas e cada elector ou electora debera marcar cunha cruz no cadro correspondente a  dúas.

d)   Os votantes deberán acreditar a súa personalidade mediante exhibición do DNI ou documento similar.

e)   Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a acta correspondente.

 

CANDIDATAS QUE SE PRESENTAN

·        Mª Teresa Álvarez Higuera

·        Paula Ansuar García

·        Mónica Gil Castro

·        Talía López del Pozo

·        Carmen Prendes Veiga

 

                        Lugo, 17 de novembro de 2021

              A directora

 

 

 

                Mª Teresa de Juan Lerma



Disponible a convocatoria do sector nais/pais para o proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar do centro.




DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

COBERTURA DAS NECESIDADES SANITARIAS DERIVADAS DA COVID-19

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021

INSTRUCIÓNS ALUMNADO IMPLICADO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

·         Non ten que presentar solicitude:

a.    O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

·         Ten que presentar solicitude:

a.    O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021- 2022 que cumpraalgunha das seguintes condicións:

b.    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

c.    Alumnado matriculado en educación especial.

d.    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

e.    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

      Forma de presentación da solicitude: unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I).

     A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

      Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

      Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

-      Certificado ou volante de convivencia.

-      Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

      Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica. d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, encalquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

      Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

      Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

      Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais oudo órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

      A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a.

 

 PRAZO: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

sábado, 13 de noviembre de 2021

Celebrando o outono.

 Hoxe celebramos un magosto no colexio. Non foi unha festa como outros anos polas restriccións pola situación COVID pero anda así tivemos unha celebración ben chula!

A entrada do edificio administrativo está moi fermosa, decorada coas creación do alumnado en colaboración coas súas familias. GRAZAS! Unha vez máis respondestes dun xeito incrible! Neste vídeo podedes ver todas as creaciones que nos achegastes ao cole:


E, aínda que non era un concurso, Tintileo decidiu outorgar unha premio especial a Lola de sexto curso que presentou un precioso traballo cunha temática moi relacionada coa biblioteca (ao final do vídeo).





Tamén se entregaron os premios do concurso de microrrelato (Xiana de quinto e Mario de cuarto) e debuxo de terror (Cristóbal de segundo e Chloe, de cuarto educación infantil).






O olor do outono chegou este ano da man do tren dun castañeiro, que pasou a mañá asando as castañas  no patio para nós.


Como xa é costume no cole, realizamos os tradicionais xogos do masgosto, aínda que non rotamos polos xogos dos demais cursos. De todos os xeitos pasámolo tan ben como podedes ver nas fotografías deste álbum web: 


martes, 26 de octubre de 2021

MULLERES

Para celebrar o Día das Bibliotecas iniciamos o Proxecto Documental Iintegrado "Mulleres", co que pretendemos poner en valor o papel da muller en distintos ámbitos sociais e culturais, educando en igualdade para que as nosas nenas e nenos medren coas mesmas oportunidades.

Agradecemos a desinteresada e xenerosa participación dos colaboradores que nos axudaron na presentación deste proxecto, recitando o poema creado polo alumnado do nos centro "Vivan as mulleres!"





lunes, 25 de octubre de 2021

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2021-22

Resolución do 20 de setembro de 2021. DOG do 29 de setembro





A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:


  • A Directora.
  • Unha mestra ou mestre.
  • Unha nai, pai ou titor/a legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 9 de agosto).

Dito sorteo, que será público, e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo mércores, día 27 de outubro, ás 11:45 horas na sala de profesoras.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

jueves, 14 de octubre de 2021

SAÍDA MIHL

Sen baixar a garda, imos evolucionando ao mesmo paso que o resto da sociedade dada a situación actual da pandemia, tentando recuperar a vida habitual no centro, o que repercute no beneficio e benestar do alumnado. 

E para mostra... ollade as cara de felicidade do alumnado de 2º e 3º de primaria que hoxe realizaron unha saída a o Museo Interactivo da Historia Lucense, onde puideron gozar da exposición  A historia da Galiza, a golpe de click.
















jueves, 16 de septiembre de 2021

RECOLLENDO A COLLEITA!

Este días o alumnado do centro recolleu a colecta de chícharos, xudías e patacas. 
Aínda teñen que madurar os tomates e faltan por recoller as espinacas e as cabazas!
Tamén se plantaron grelos. Non está fermoso o noso horto?



















 

miércoles, 8 de septiembre de 2021

Actualización saídas

 INFORMACIÓN IMPORTANTE DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

En cumprimennto das directices do Protocolo de adaptación ao contexto  Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia e para manter a distancia interpersoal recomendada, este curso realizaranse dúas quendas no servizo de comedor escolar.







 

miércoles, 1 de septiembre de 2021

BENVIDOS AO CURSO 2021/2022

 


Xa está en marcha o curso 2021/2022!

Comezamos as clases o  xoves 9 co seguinte horario:



  • A entrega de libros de texto ao alumnado con dereito ás axudas de 3º, 4º e 6º de EP, realizarase  o venres 3 e o luns 6 de setembro en horario de 10 a 12 horas. (5º EP entra este curso no Proxecto E-Dixgal e serán informados nos vindeiros días do proceso de entrega dos ordenadores)
  • Os vales para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado con dereito ás axudas, realizarase  o venres 3 e o luns 6 de setembro en horario de 10 a 12 horas.
  • Educación infantil: As familias do alumnado de educación infantil terán unha reunión os seguintes días e horas:
        - 4º EI: Luns 6 de setembro ás 9:30h.
        - 5º EI: Mércores 8 de setembro ás 12:00h.
        - 6º EI: luns 6 de setembro ás 11:00h.
  • As familias de 1º e 2º de Educación Primaria están convocadas a unha reunión que terá lugar o mércores 8 ás 12.00h.

       (Pregamos a asistencia dun só proxenitor ou responsable).


 

lunes, 5 de julio de 2021

Fin de curso 2020/2021



Neste álbum deixámosvos unhas imaxes da despedida do alumnado de 6º curso, desexándolles o mello na nova etapa que comezan. 

Bo verán!

miércoles, 30 de junio de 2021

LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO 2021/2022

En cumprimento do artigo 13bis da Orde do 12 de maio de 2020 (que non permite a publicación web), a listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta de edificio de admnistración do colexio.

  • Prazo de reclamacións a esta listaxe: venres 2 de xullo.
  • Publicación listaxe definitiva: 5 de xullo.
  • Entrega de vales: 6 de xullo (de 10:00 a 14:00). De non poder acodir, entregaranse en setembro.
  • Entrega de libros do fondo: setembro 2021 







jueves, 20 de mayo de 2021

FONDOLIBROS 2021/2022

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participaciónno fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir librosde texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educaciónprimaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centrosdocentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código deprocedemento ED330B).

Para presentación electrónica, entrar na aplicación fondolibros

Para presentación presencial: utilice os Anexos I e II da Orde de convocatoria

 

jueves, 29 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DA DANZA

Hoxe celébrase o Día Mundial da danza, e nós celebrámolo, a proposta do CDAN con esta coreografía:



miércoles, 14 de abril de 2021

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2021/2022

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022, TODAS AS SOLICITUDES RESULTADON ADMITIDAS.

A formalización de matrícula realizara do 20 ao 30 de xuño. Publicarase neste blog a documentación a aportar nesas datas, e o xeito de presentala.



martes, 6 de abril de 2021

Egg hunt



 





O profesorado de inglés organizou unha búsqueda de ovos de pascua polas dependencias do centro. 
O alumnado gozou moito desta actividade, como podedes observar nas fotografías!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...