miércoles, 30 de noviembre de 2016
jueves, 24 de noviembre de 2016
25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia a mulleres e nenas
Dende o Observatorio da Convivencia do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, e en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua e o Equipo de Biblioteca Escolar, e ao abeiro do I Plan de actuación para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, propoñemos á comunidade educativa a participación na campaña da ONU:
ÚNETE: PINTA O TEU MUNDO DE LARANXA
para poner fin á violencia contra ás mulleres e nenas.
Podedes ver aquí as imaxes do día
miércoles, 23 de noviembre de 2016
Pensando no Nadal
Conta atrás para a celebración de Nadal!
Como cada ano, pedimos a colaboración da Comunidade Educativa para adornar o colexio. Este curso, en lugar de adornos, solicitamos a vosa colaboración para crear unha árbore con materiais de refugallo.
No seguinte video-titorial, explicamos como podedes axudarnos nesta proposta de Tintileo:
lunes, 21 de noviembre de 2016
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno.
O alumnado de 4º de educación primaria, que están traballando a década dos 50 no proxecto anual do PLAMBE, realizou un vídeo no que resumen os dez principios que conforman esta declaración asinada na ONU en 1959.
Noraboa a Mencía, Erea, Alejandro, Víctor, Sofía, Esteban, Maxi, Dani, Noa e Eloy!
miércoles, 9 de noviembre de 2016
Magosto
Haberá xogos polulares, carreira de relevos, e este curso iniciamos o Torneo María Castaña.
Non esquezade traes unha bolsiña de castañas, xa picadas, o xoves día 10!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...