martes, 23 de noviembre de 2021
jueves, 18 de noviembre de 2021
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR: SECTOR NAIS/PAIS
PROCESO DE RENOVACIÓN
PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
CURSO 2021-2022
CIRCULAR INFORMATIVA -
SECTOR PAIS/NAIS
De acordo coa
Convocatoria do 5 de novembro, recórdase que o próximo día 25 de novembro, en
horario de 9:00 h. ás 9:30 h. e de 13:30 a 15:40,
terá lugar neste centro a votación para a elección do representantes do sector
dos pais/nais no Consello Escolar.
Para participar na
referida votación, tal como se sinala na citada Convocatoria, procederase da
forma seguinte:
1.- Quen pode votar
Teñen dereito a
votar todos os pais/nais do alumnado
matriculado no centro e que figuran no Censo que ao efecto aprobou a Xunta
Electoral despois da súa exposición pública regulamentaria.
Tal dereito
corresponde indistintamente ó pai e a nai, polo que son electores o pai e a
nai.
2.-Modo de emitir o voto
a)
O voto será directo, segredo e non delegable.
b)
As papeletas e os sobres da votación serán,
obrigatoriamente, as previamente fixadas pola Xunta Electoral, papeletas e
sobres dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
c)
Nas referidas papeletas figurarán os nomes das
candidatas e cada elector ou electora debera marcar cunha cruz no cadro
correspondente a dúas.
d)
Os votantes deberán acreditar a súa
personalidade mediante exhibición do DNI ou documento similar.
e)
Finalizada a votación procederase ao acto do
escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a
acta correspondente.
CANDIDATAS QUE
SE PRESENTAN
·
Mª Teresa Álvarez Higuera
·
Paula Ansuar García
·
Mónica Gil Castro
·
Talía López del Pozo
·
Carmen Prendes Veiga
Lugo, 17 de novembro de
2021
A directora
Mª Teresa de Juan
Lerma
Disponible a convocatoria do sector nais/pais para o proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar do centro.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
COBERTURA DAS
NECESIDADES SANITARIAS DERIVADAS DA COVID-19
Orde do 28 de outubro
de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de
máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos
dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no
curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº
218, do 12.11.2021
INSTRUCIÓNS ALUMNADO IMPLICADO
Alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e educación especial:
·
Non ten que presentar
solicitude:
a. O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no
curso 2021-2022.
·
Ten que presentar solicitude:
a. O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material
escolar no curso 2021- 2022 que cumpraalgunha das seguintes condicións:
b. Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou
inferior a 6.000 €.
c. Alumnado matriculado en educación especial.
d. Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
e. Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao
65%.
SOLICITUDES (SÓ PARA
ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)
• Forma de presentación da solicitude: unicamente de forma
presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a utilizando
o formulario normalizado (anexo I).
• A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o
caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso
2021/22.
DOCUMENTACIÓN
COMPLEMENTARIA
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude
(anexo I) a seguinte documentación:
• Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da
unidade familiar).
• Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde
figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de
separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou
convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando
algún dos seguintes medios:
-
Certificado ou volante
de convivencia.
-
Informe dos servizos
sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
• Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou
calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica. d)
Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito
familiar, encalquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de
xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
• Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade
prorrogada ou rehabilitada.
• Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación
de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación
de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Certificado de convivencia, volante de convivencia ou
informe dos servizos sociais oudo órgano equivalente do concello onde resida a
familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e
NIE. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, non será
necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á
solicitude de material escolar do curso 2021/22.
• A documentación complementaria presentarase presencialmente
no centro docente onde estea matriculado o alumno/a.
PRAZO: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario
Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.
sábado, 13 de noviembre de 2021
Celebrando o outono.
Hoxe celebramos un magosto no colexio. Non foi unha festa como outros anos polas restriccións pola situación COVID pero anda así tivemos unha celebración ben chula!
A entrada do edificio administrativo está moi fermosa, decorada coas creación do alumnado en colaboración coas súas familias. GRAZAS! Unha vez máis respondestes dun xeito incrible! Neste vídeo podedes ver todas as creaciones que nos achegastes ao cole:
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...