lunes, 30 de marzo de 2020

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR




AXUDAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DAS BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR.

  • Aparecen reguladas na Orde do 27 de marzo, publicada no DOG no 68 do luns 30 de marzo de 2020.
  • As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. 
  • Os destinatarios/as destas axudas económicas están dirixidas aos seguintes usuarios/as do comedor:
  • Os días que se compensarán nesta primeira fase, serán 14 días lectivos ata o comezo das vacacións de Semana Santa e tamén se contemplan outros 14 días no caso da prórroga do estado de alarma ata o día 1 de maio de 2020. En total serían 28 días lectivos. O pagamento faríase en dúas partes, correspondentes cada unha aos períodos antes sinalados. 

  • Poderase estender o previsto na presente orde de haber prórroga no Estado de Alarma. 
  • As solicitudes PRESENTARANSE OBRIGATORIAMENTE POR MEDIOS ELECTRÓNICOS A TRAVÉS DO FORMULARIO NORMALIZADO NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED601B). 
  • Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365
  • AS FAMILIAS QUE ACREDITEN DIFICULTADES PARA PRESENTAR POR MEDIOS ELECTRÓNICOS, SOLICITARÁN AO EQUIPO DIRECTIVO DO CENTRO EDUCATIVO AXUDA, MEDIANTE CORREO ELECTRÓNICO: ceip.nadela@edu.xunta.gal, OU CHAMANDO AOS TELÉFONOS DO CENTRO, EN HORARIO DE 10 A 13 H, ONDE SERÁN DEBIDAMENTE ATENDIDAS. 
  • Estas familias deberán facilitar por vía telefónica e/ou correo electrónico os seguintes datos: 
  1. DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (pai/nai ou titor/a legal) 
  2. Nome e apelidos do pai/nai/titor/a; nome e apelidos e curso dos fillos/fillas 
  3. Número de conta bancaria completa no que se quere recibir o aboamento da axuda. 

  • O prazo de presentación comprende desde o día 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos os dous incluídos. 


PREGAMOS QUE TODAS AS FAMILIAS QUE POIDAN TRAMITAR A SOLICITUDE POR SI SOAS O FAGAN, PARA ASÍ PODER PRESTAR TODA A ATENCIÓN ÁS QUE O PRECISEN DE XEITO ESPECIAL. 

Independentemente do exposto, estamos a súa disposición no correo electrónico ou teléfonos, para atendelos ante calquera dúbida.

Moitas grazas pola súa colaboración.

AVISO IMPORTANTE


Na páxina de Espazo Abalar da Consellería de Educación tedes os enlaces e un manual para a descarga.


Se durante a instalación non se recoñece o voso número de teléfono, chamade aos teléfonos do centro (de 10 a 13h) para actualizar os datos na aplicación XADE.


982 870 456
982 870 457
982 870 459



viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO








Somos foi afortunados de que Don Basilio, bibliotecario da compañía teatral Pínconús nos dedique un minutiño nun día tan importante para el. Grazas Basilio e Grazas Carlos!

Lamentablemente, co telón baixado, hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DO TEATRO.
Pero aquí vos deixamos unhas ideas para celebralo conjuntamente, pero cada un na súa casa.


Bicharada: 
O espectáculo está dispoñible os luns, mércores, venres e domingos de 11 a 18h en:
https://youtu.be/rNE1r6WiU1Q

Xurdefet: martes, xoves, sábados e domingos de 11 h a 18 h. https://youtu.be/rNE1r6WiU1Q

Obras de teatro para todas as edades. Neste enlace, espectáculos para a infancia.

A compañía catalana Tricicle comezou o pasado mércores as emisións das súas obras nesta canle de Youtube. Imperdibles!

Para un rato desternillante. Os cómicos arxentinos ofrecen na súa canle moitos dos seus sketchs.
Unha mestura de circo e de teatro lírico. Documentais e partes dos seus espectáculos aquí.

Venres 27 de marzo ás 18:00 h. Obra interpretada por actores e actrices con síndrome de Down.
Cóntame como celebras ti o Día Mundial do Teatro! 
Tamén podes enviar un texto, un vídeo, un debuxo para Don Basilio!

jueves, 26 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS MÚSICA PARA A FIN DE SEMANA

A lo largo de este año 2020, celebramos el 250 aniversario del nacimiento de Beethoven.

Ludwig van Beethoven (16 de diciembre de 1770 a 26 de marzo de 1827), fue un pianista y compositor alemán, considerado como uno de los más grandes de todos los tiempos.
Sus composiciones innovadoras combinaron voces e instrumentos, ampliando el alcance de la sonata, la sinfonía, el concierto y el cuarteto. Es la figura crucial de transición que conecta las edades clásicas y románticas de la música occidental.
La vida personal de Beethoven estuvo marcada por una lucha contra la sordera. Algunas de sus obras más importantes fueron compuestas durante los últimos 10 años de su vida. 
Puedes conocer más sobre la vida y la obra de Beethoven, visitando estos enlaces:




Aquí puedes descubrir jugando muchas cosas sobre la vida, las composiciones, la familia, amistades, salud... de Beethoven.

También en este podcast:




Este espectacular juego te servirá para investigar sobre la obra, vida, salud, familia... de Beethoven:



Y como no, audiciones de sus obras más conocidas:





Alba ya toca el "Himno a la alegria!"!
Ti queres compartir cousas de Beethoven con nós?


¡No dejes de pasar por aquí de vez en cuando! Iremos ampliando los recursos sobre Beethoven.

RECOMENDACIÓNS EDUCACIÓN FÍSICA






sábado, 21 de marzo de 2020

21 de marzo

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA... e dice Tintileo que paredes polo blog da biblioteca e deixedes algún comentario...
Tamén é o Día Mundial do Síndrome de Down.



Sabías que os cromosomas teñen unha forma similar ás dos calcetíns? 
As persoas con síndrome de Down nacen cun adicional. Hoxe, #DíaMundialSíndromeDown sumámonos á campaña #CalcetinesDesparejados y a la de
#NoDejarNadieAtrás

miércoles, 18 de marzo de 2020



Ola amigos! Seguro que estades a aproveitar estes días para ler moitísimo! Eu tamén!

Como imos estar uns cantos días na casa, vouvos ir contando como vou pasando o tempo: nas RRSS e no blog irei compartindo enlaces e actividades para  facer os días algo máis divertidos. 

Ti tamén podes colaborar enviando enlaces, debuxos ou contando que actividades realizas neste correo:

ceipnadela@icloud.com

Agardo as cosas propostas!



Tintileo



Prezadas familias:

Ata poder retomar a actividade lectiva con normalidade, o centro manterá a atención á comunidade educativa exclusivamente por vía telefónica ou telemática:

982 870 456
982 870 457
982 870 459
ceip.manuel.mallo.mallo@edu.xunta.es






lunes, 16 de marzo de 2020

AVISO


Segundo as novas instrucións en relación co COVID-19, e canto ao proceso de admisión:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

viernes, 13 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE




Atendendo ás instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación ás MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTRO DE ENSINO NON UNIVERSITARIO, suspéndese todo tipo de actividades lectiva regulada en todos os centros de ensino os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

O profesorado do CEIP Manuel Mallo Mallo comunicarase coas familias a través dos blogs do centro, correos electrónicos ou otros medios telemáticos para a reorganización de tarefas, garantido que todas as familias teñan acceso á información.

viernes, 6 de marzo de 2020

MESA REDONDA #XERACIÓNIGUALDADE


O xoves 5 de marzo, celebrouse no colexio unha mesa redonda sobre igualdade, na que participaron: Lara Méndez López, alcaldesa de Lugo, Carmen Viño Vila, arquitecta; Paula Ben Gutiérrez, camioneira;
Verónica Labra Rodríguez, gandeira; e María González Morado, policía.

Primeiramente visitaron ao alumnade de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.




A continuación, na bilioteca do centro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, participaron activamente nunha charla-coloquio, na que se debateron temas relacionados coa igualdade e a posición da muller no mundo laboral.








Ao rematar, visitaron a exposición "BRAVAS: Mulleres inventoras ao longo da historia"






Máis fotografías desta actividade neste álbum.

miércoles, 4 de marzo de 2020

Visita de Benedicta Sánchez: Semana da Muller







Hoxe comezamos os actos de celebración do Día da Muller, coordinados pola Biblioteca Escolar co centro.

Que mellor xeito de iniciar esta celebración que coa visita de Benedicta Sánchez, fotógrafa e actriz, recentemente galardoada co premio Goya á Mellor Actriz Revelación, polo seu papel protagonista no filme "O que arde" de Óliver Laxe.






Benedicta visitou a todas as aulas do centro e rematou na biblioteca respostando ás preguntas do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e ata bailou a muiñeira con Tintileo como no Festival de Cannes!

Finalizou o acto coa inauguración por parte de actriz da exposición "BRAVAS", unha mostra de inventos realizados por mulleres. 




Máis fotografías da actividade neste álbum.


Continua mañá, xoves 5, coa realización dunha mesa redonda con mulleres emprendedoras, na que se debaterá sobre a igualdade de oportunidades no mundo laboral.







DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...