martes, 17 de noviembre de 2020

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO



No D.O.G. do 13 de novembro de 2020 publicouse a Orde do 6 de novembro que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado de Ensinanzas obrigatorias.

ALUMNADO DESTINATARIO

  • O alumnado matriculado en Educación Primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 non ten que presentar solicitude.

  • O alumnado matriculado en Educación Primaria que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

 - pertenza a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Renda 2018).

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.


TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • Presencialmente no centro en horario de secretaría previa petición de hora.
  • Prazo presentación:  desde o 16 ata o 27 de novembro 2020
  • Documentación:  ANEXOI E ANEXO II. A solicitude terá que vir debidamente cuberta e asinada, xunto coa copia e orixinal de toda a documentación aportada.

 

ENTREGA DE MÁSCARAS: durante o mes de decembro o alumnado beneficiario da axuda recibirá 4 máscaras hixiénicas reutilizables segundo a especificación UNE.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DECORACIÓN DE NADAL