lunes, 27 de mayo de 2024
martes, 21 de mayo de 2024
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos os dous incluídos.
MODO DE PRESENTACIÓN:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica polos pais, nais, os titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. da presente Orde a través do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Poderánse empregar mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede elctrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros edcuativos ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
1. Solicitude (Anexo I)
2. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
3. Copia do libro de familia ou documento equivalente, donde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
*No caso de non poder facelo a través dos medios anteriores, poderase acreditar o número de membros computables utilizando os seguinte medios: certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente ao concello onde resida a familia.
En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribuación da custodia do/da menor.
4. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquer membro da familia expedido na Administración autonómica.
5. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artígo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
6. Documentación xustificativa da situación de violéncia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
7. Documentación xustificativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
8. No caso de que o pai e nai carezcan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade famliar a 31 de decembro de 2022.
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servicios sociais o do órgano equivalente ao concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o tutor ou titores carezcan de DNI e NIE.
9. Outra documentación.
Avisaremos polos medios habituais da publicación das listaxes e dos prazos de entrega de vales e libros.
NON se admitirán solicitudes fóra de prazo.
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...
-
Inicia hoxe o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, regulado pola Ord...