CEIP PLURILINGÜE DE NADELA
domingo, 18 de mayo de 2025
jueves, 24 de abril de 2025
OBSERVA-ACCIÓN. XORNADA DE ACOLLIDA
Hoxe, 24 de abril, dentro do programa Observa_Acción: Etapa Acolle, tivemos unha xornada especial de aprendizaxe compartida co CEIP Soutelo de Montes.
Durante a mañá realizamos:
- Unha visita guiada polo centro.
- Observacións nas aulas e nos patios lúdicos: para conversar e intercambiar impresións
Grazas ao CEIP Soutelo de Montes pola súa presenza e por facer desta xornada un exemplo de colaboración entre escolas.
Seguimos observando, aprendendo e creando!
viernes, 28 de febrero de 2025
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2025/2026
Iníciase mañá proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2025/26, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e que ten os seguintes prazos:
- Do 1 ao 20 de marzo de 2025: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
- 25 de abril de 2025: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
- 15 de maio de 2025: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
- Do 20 ao 30 de xuño de 2025: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
- ANEXOS I e II debidamente cubertos e asinados da solicitude ED550B
- Certificado de padrón onde figuren todos os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano.
- Orixinal e fotocopia do DNI do alumno/a ou do libro de familia.
- Proximidade do lugar de traballo do pai/ nai, documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto.
- Calquera outra documentación acreditativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, discapacidade, etc.,).
- Acreditación de familia monoparental.
- Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, deberá facerse constar a cantidade correspondente á base imposible no caso de declaración conxunta, ou a base impoñible de cada un dos declarantes no caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro da declaración do ano 2024)
- O criterio complementario para a adxudicación dun punto polo Centro: Que todos os centros solicitados sexan centros públicos.
- Aplicación “admisionalumnado”, para presentación telemática.
- Manual axuda para as familias.
- Solicitude de admisión: ED550B.
- Procedemento admisión na Sede Electrónica.
jueves, 27 de febrero de 2025
viernes, 21 de febrero de 2025
martes, 21 de enero de 2025
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O vindeiro 12 de febreiro, ás 16:00 horas, realizaremos unha xornada de portas abertas para o alumnado de nova incorporación.Confirmade a asistencia no seguinte formulario:
lunes, 20 de enero de 2025
RESERVA DE PRAZA - IES
ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA NO IES PARA O ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
RESERVA DE PRAZA CURSO
2025/2026
O prazo de presentación de solicitudes
de reserva de praza para o alumnado que cambia de etapa
educativa e desexa continuar estudos no centro de adscrición (IES NOSA
SEÑORA DOS OLLOS GRANDES) o curso 2025-2026 será
desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febrero DE 2025
A
solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado (premendo no menú da mesma en Solicitudes
> Reserva > Crear) e presentarase en sede electrónica ou, de xeito
manual, no centro de orixe do alumnado.
A publicación
das listaxes de prazas asignadas mediante reserva de praza farase
no taboleiro de anuncios dos centros de orixe e de destino antes
do 23 de febreiro.
O alumnado que continúa
estudos no centro onde está matriculado ten garantida a
súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo
procedemento de admisión (nin solicitude de reserva).
lunes, 9 de diciembre de 2024
martes, 3 de diciembre de 2024
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como sensibilizar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.