Mostrando entradas con la etiqueta ED.Física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ED.Física. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de noviembre de 2019

FESTA DE OUTONO

Onte, 28 de novembro, celebramos a FESTA DE OUTONO, nunha xornada moi intensa na que se desenvolveron diversas actividades relacionadas coa estación:

Comezamos coa representación da obra de teatro "Os Darling", de Mónica Rodríguez, traducida, adaptada e interpretada polo alumnado de sexto de EP coa inestimable colaboración para completar reparto e atrezzo dos nenos e neas de 5º de EP.








Recibimos tamén ao alumando de 6º curso do CEIP As Gándaras, nunha nova xornada de convivencia entre os dous centros.

Durante o recreo, tivemos a posibilidade de degustar froitas e froitos do outono: cada alumno/a do centro colaborou aportando un froito, e grazas ao traballo das cociñeiras, que trocearon e prepararon as froitas, e o das mestras que as coloraron, puidemoxs gozar dunha espectacular mesa de froitos do outono.








Máis fotos da mesa, neste álbum.

A continuación, xuntámonos no pavillón e nos porches para participar nos xogos do outono, a actuación da fada e a danza de 4º de primaria. Por último, fíxose entrega dos premios da decoración de cabazas e do concruso de Contos de medo.

Pasámolo xenial!



Máis fotos dos xogos, a fada e a danza, neste álbum.

martes, 19 de noviembre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Regresa Tintileo ao colexio, esta vez caracterizado de Leonardo da Vinci para presentarnos un proxecto relacionado cos inventos. 






E que mellor inventor que Tintinardo

Nada maís chegar ás aulas, atopamos unha carta, na que nos invitaba a ver unha película sobre o polímata florentino. 

A continuación, deixou instruccións para realizar unha realizar unha procura do tesouro. Nela, dez grupos capitaneados por outras tantas alumnas de 6º de primaria, tiveron que realizar probas de diferentes categorías, ata atopar... uns churros de piscina! 

Unha vez reunidos no pavillón,  descubrinos que servían para construír a ponte  autosustentante de Leonardo.

Ao terminar, dirixímonos á biblioteca, onde nos recibiu  Tintinardo no seu estudo, acompañado nin máis nin menos que de Mona Lisa!

Terminamos esta xornada coa entrega das maletas viaxeiras a un representante de cada curso.

Grazas  Tintinardo!







(Tardamos uns cantos días en recopilar as fotografías da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, pero xa están colgadas neste album.)

viernes, 23 de noviembre de 2018

AVENTURAS CO BREO

Hoxe Tintileo, fiel ás súas cores, trouxo á biblio un ano más a dous grandes xogadores do CB Breogán. Esta tempada nos visitaron Christian Díaz e Emir Sulejmanovic, aos que acompañaron o Coordinador de pista, Pepe Baamonde e o Director deportivo, Quique Fraga.

Alí charlaron con nós e respostaron a todas as preguntas que lles fixemos. Tamén lles recitamos un poema que escribimos entre todos para eles e fixemos moitas fotos.































viernes, 2 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Hoxe celebramos no cole a festa do Samaín, cunha contacontos, a visita dunha meiga que elaborou unha pócima para espantar os medos, unha danza de bruxas e bruxos e unha sesión de photocall.

Tamén se realizou a votación popular para elixir a cabaza gañadora, e un xurado formado por mestras aínda está deliberando os ganadores do concurso de poemas de medo. Estes premios entregaranse  na festa do Magosto o vindeiro 16 de novembro.

Grazas a todos pola vosa colaboración!

Podes ver todas as fotos da festa NESTE ENLACE. Tamén temos este vídeo:



lunes, 9 de octubre de 2017

Visita do CD Lugo

O pasado venres 6 de outubro, recibimos no colexio a visita de Ignasi Miquel, xogador do 


CD Lugo, acompañado dun entrenador das categorías inferiores. Charlaron cos alumnos de todos os cursos e nos agasallaron cunhas entradas para poder presenciar o vindeiro partido en Lugo do clube da nosa cidade.


martes, 31 de enero de 2017

30 DE XANEIRO: I XOGOS OLÍMPICOS POLA PAZ

Para celebrar o DÍA DA PAZ, este curso organizamos os I XOGOS OLÍMPICOS, nos que puxemos de manifesto os verdadeiros valores do deporte: a excelencia, a amizade e o respecto.

Esta actividade sumou os esforzos do Equipo de Biblioteca, co seu proxecto de "Tintileo a través das décadas", xa que cada curso participaba representando a unha época na que está traballando; o Observatorio da Convivencia, promovendo actividades que faciliten as boas relación entre o alumnado, o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, e a coordinación da profe de Educación Física.


Podes ver todas as fotos do día na nosa galería.



miércoles, 25 de enero de 2017

CERIMONIA DE ACENDIDO DA CHAMA OLÍMPICA

A chama olímpica, preside os xogos olímpicos como conmemoración do roubo do lume dos deuses por parte de Prometeo e a súa posterior entrega á humanidade. O facho pois, simboliza a luz do coñecemento e a razón dos homes.  A súa orixe remóntase á antiga Grecia, onde se mantiña un facho ardendo nos lugares de celebración dos Xogos Olímpicos Antigos.
Esta práctica foi reintroducida nos XXOO de Ámsterdam 1928, e dende entón é parte fundamental dos Xogos Olímpicos modernos
A chama, é acendida no Templo de Hera, pola deusae un grupo de sacerdotisas a través dos raios solares en Olimpia. A partir de aí, o facho inicia o seu percorrido ata o acendido definitivo na cidade onde se celebran os Xogos. Durante o percorrido, é transportada por multitude de atletas e persoalidades o mundo do deporte mediante unha serie de relevos, ata a súa chegada ao Pebeteiro Olímpico, que é acendido o día da cerimonia de apertura.

No CEIP Manuel Mallo Mallo, quixemos celebrar este ano os I XOGOS OLÍMPICOS POLA PAZ, e o primeiro dos actos foi o martes pasado, co acendido da chama. Ao longo desta semana, se realizarán a carreira de relevos portando o facho, e o luns 30, Día da Paz, celebraremos os Xogos.
Seguiremos informando!