Inicio da actividade lectiva



Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, iniciamos as clases do seguinte xeito:


  • O día 10 de setembro, xoves, incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
  • O día 11 de setembro, venres, incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.



ALUMNADO NON TRANSPORTADO

O alumnado de educación primaria non transportado, entrará pola porta traseira ás 8:55h sen ningún acompañante e de xeito individual e trala hixiene de mans, dirixirase á sua fila correspondente, que lle será indicada o día do inicio. Se as condicións meteorolóxicas son desfavorables, as filas formaranse no pavillón coa debida distancia entre cursos.

Recordamos que o uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersonal, sen prexuízo das exencións previstas no ordenamento xurídico. 

O alumnado (a partir do nivel de infantil) e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade. Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.

O alumnado de educación infantil non transportado, entrará pola porta traseira ás 9:15 h. Poden ir acompañados dun só responsable, que despois da hixiene de mans de ambos, dirixiranse ao porche de infantil onde un profesor recollerá ao alumnado. 

O alumnado de infantil utilizará máscara nos espazos comúns, e terá que levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.

A saída do alumnado non transportado será do seguinte xeito:
  • 3º e 4º de educación primaria, sairán pola porta principal ás 14:00 h, 
  • 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria sairán ás 14:00 pola porta traseira.
  • alumnado de educación infantil sairá ás 13:45 pola porta traseira.



ALUMNADO TRANSPORTADO

O alumnado transportado, que debe de traer máscara no autobús, entrará pola porta principal tras realizar a hixiene de mans. O profesorado de garda realizará a custodia do alumnado en filas que se formarán no espazo habilitado para o recreo de cada curso. Se as condicións meteorolóxicas non acompañan, formarán as filas no pavillón onde serán recollidos polo profesorado de primeira hora. 

Tanto o alumnado de infantil como o de primaria, utilizará máscara nos espazos comúns, e terá que levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.








Comentarios

Entradas populares