lunes, 14 de septiembre de 2026

ACLARACIÓNS COMEDOR ESCOLAR


COMEDOR ESCOLAR

Co obxecto de aclarar o réxime aplicable ao alumnado escolarizado voluntariamente fóra da zona de influencia que lle corresponde, considérase necesario lembrar a evolución das instrucións de Comedores Escolares de Xestión Directa:

  • Ata o curso 2024/2025 (incluido), o alumnado de fóra de zona que xa estaba matriculado no centro podía manter o prezo do servizo de comedor correspondente ao seu tramo de renda.

  • A partir do curso 2025/2026, a Instrución 1/2025 estableceu unha diferenza entre:

- Alumnado de fóra de área de influencia que se matriculase por primeira vez no centro debía aboar 4,50 € por día de servizo, con independencia da renda familiar, así como doutras casuísticas de gratuidade contempladas na citada Instrución.


- Alumnado de fóra de área de influencia xa matriculado no centro con anterioridade (curso 2024/2025 e anteriores) aínda que non consolidaba a praza de comedor, podía manter o prezo correspondente ao seu tramo de renda.

Deste xeito o alumnado de fóra de área de influencia que se incorporase ao centro por primeira vez a partir do curso 2025/2026 deberá aboar 4,50 € por día de servizo ao longo deste curso e en cursos sucesivos. 

Así mesmo, cómpre lembrar que o alumnado escolarizado fóra da área de influencia non ten dereito preferente aos servizos complementarios de comedor e transporte escolar. A súa admisión ten carácter excepcional e deberá solicitarse anualmente, quedando condicionada á dispoñibilidade de prazas e á atención prioritaria do alumnado con dereito preferente.

Polo tanto, para a correcta aplicación das tarifas e da admisión ao servizo de comedor, os centros deberán ter en conta:

1. A data de primeira matriculación do alumnado no centro.

2. Se o alumnado se atopa ou non dentro da zona de influencia que lle corresponde.

3. A Instrución aplicable ao curso escolar correspondente.

4. A necesidade de solicitar anualmente a praza de comedor no caso do alumnado de fóra de zona.

5. A aplicación da tarifa de 4,50 € por día cando así corresponda, sen aplicar os tramos de renda.

miércoles, 2 de septiembre de 2026



 



Estimadas familias:

Damos comezo ao novo curso escolar 2026/2027 convocando as reunións iniciais coas titoras e titores. Os encontros terán lugar nas respectivas aulas segundo o seguinte calendario e horario:

Luns, 7 de setembro

  • 10:00 h: 4º de Educación Infantil, 1º de Primaria e 2º de Primaria

  • 10:30 h: 3º de Primaria e 4º de Primaria

Martes, 8 de setembro

  • 10:00 h: 5º de Educación Infantil e 6º de Educación Infantil

  • 11:00 h: 5º de Primaria e 6º de Primaria

Recordamos tamén que o horario habitual de atención e titorías coas familias ao longo do curso será os martes de 14:30 a 15:30 h.

Agardámosvos para coordinar xuntos este inicio de curso, que comezará o mércores 9 de setembro de 9 a 14 horas (comedor ata as 15:15).