jueves, 18 de noviembre de 2021

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

COBERTURA DAS NECESIDADES SANITARIAS DERIVADAS DA COVID-19

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021

INSTRUCIÓNS ALUMNADO IMPLICADO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

·         Non ten que presentar solicitude:

a.    O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

·         Ten que presentar solicitude:

a.    O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021- 2022 que cumpraalgunha das seguintes condicións:

b.    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

c.    Alumnado matriculado en educación especial.

d.    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

e.    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

      Forma de presentación da solicitude: unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I).

     A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

      Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

      Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

-      Certificado ou volante de convivencia.

-      Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

      Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica. d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, encalquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

      Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

      Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

      Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais oudo órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

      A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a.

 

 PRAZO: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DECORACIÓN DE NADAL