Hai aproximadamente un par de meses que iniciamos unha campaña de recollida de material escolar e artístico, para enviar a Sanghé, Thiès, Senegal.
Realizamos un caderno para os nenos desa poboación, onde nos presentamos e contamos como é a vida aqui.
Onte visitounos Encarna Álvarez Gallego, a psicóloga que entregou o noso material e que estivo 15 días convivindo cos nenos senegaleses, Contounos moitas cousas: como viven, como é un día na escola, a súa alimentación, o idioma, os xogos e bailes...
Trouxonos varios debuxos dos nenos de aló, unha tea típica, o seu diario de viaxe e un vídeo no que resume o seu paso polo país africano e onde se pode ver aos nenos traballando co material enviado dende o CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela.
Nos vindeiros días, poderedes visitar na biblioteca do cole a exposición "PUNTADAS ANÓNIMAS", con obras de Encarna Álvarez Gallego.
Máis fotos da charla NESTE ÁLBUM
No hay comentarios:
Publicar un comentario