lunes, 30 de abril de 2018

REINAUGURACIÓN BIBLIOTECA

Hoxe (por fin!) abrimos as portas na nosa recentemente remodelada biblioteca.

E se abriron do mellor xeito posible: apadriñados polo gran MAGO CARLOS, que nos fixo desfrutar enormemente co seu espectáculo ABRAPALABRA, no que comeu cartas, voaron caixas, creou animais fantásticos, fixo levitar unha mesa... e nos fixo rir ata chorar!







Titntileo apareceu tamén, interrompendo a actuación de Carlos para presentarnos a segunda sorpresa da mañá: a visita de dos xogadores do CB Breogán: SALVA ARCO e SERGI QUINTELA, que nos falaron da importancia do deporte no desenrolo integral dos nenos,  respostaron ás nosas preguntas, asinaron autógrafos e fixeron moitas fotografías.




















Salva tamén nos falou da iniciativa solidaria que promove, a beneficio da Asociación MEF2C, á que se sumou o claustro de profesoras.




Tamén se entregaron os premios do Concurso de adiviñas do mes do libro (parabéns a Laura e a Iria!), Mario nos presentou o seu libro (impresionante!) e finalizaron os actos cunha charla para o alumnado de 5º e 6º sobre Dereitos de autor e propiedad intelectual, na que Carlos Coira (esta vez como autor e libreiro) explicou en que consiste este dereito reconhecido como fundamental na Declaración Universal dos Dereitos Humanos de Nacións Unidas.



Boísima, Elvira!



Non vos parece un día incrible?

Máis fotos neste enlace





No hay comentarios:

Publicar un comentario

DECORACIÓN DE NADAL