miércoles, 25 de octubre de 2017

Día da biblioteca





En agosto de 1992, a Biblioteca de Sarajevo foi bombardeada durante a Guerra de Bosnia. A biblioteca, que ocupaba un emblemático edificio histórico que fora o concello da cidade no pasado, ardeu durante tres días e, aínda que os traballadores da biblioteca e os veciños da cidade tentaron salvar os libros, perdéronse a metade dos fondos. O incendio da biblioteca converteuse nun poderoso símbolo, xa que supuxo a destrución de algo cultural e que non tiña ningún valor estratéxico en termos bélicos.



A biblioteca foi reconstruída tras o final da guerra (e volveu abrir as súas portas) e a súa historia foi o motor para poñer en marcha unha xornada especial, un día no que se homenaxea ás bibliotecas e o seu traballo. É o día da Biblioteca, que se celebra ano tras ano o 24 de outubro. 

No CEIP Manuel Mallo Mallo conmemoranos esta data coa presentación do PLAMBE, contando coa visita de Tintileo, esta vez acompañado de Neptuno, deus do mar, que nos propoñen  o proxecto:





Ao longo do curso 2017/2018, traballaremos arreo investigando acerca do que é a reciclaxe, recopilando materiais e experimentado as posibilidades artísticas que nos brindan. a biblioteca será o centro neurálxico de todo o proxecto, do que iremos dando conta a través dos blogs da escola.

Hoxe Tintileo deixounos un par de papeleras de cartón en cada aula, xa veremos o que faremos con elas...

De momento, compartimos con vós os mellores momentos desta presentación NESTE VÍDEO






Tamén podedes ver as fotografías AQUÍ.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado por Nacións Unidas en 1992, co obxectivo de promover ...