lunes, 2 de octubre de 2023
miércoles, 28 de junio de 2023
viernes, 16 de junio de 2023
miércoles, 31 de mayo de 2023
miércoles, 24 de mayo de 2023
FONDO LIBROS
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Curso 2023/2024
Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
> Forma de presentación:
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023
> Máis información:
Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia
jueves, 4 de mayo de 2023
VISITA A VILADONGA E MEIRA
O alumnado de tercero e cuarto de primaria, realizaron unha visita ao Castro de Vilandonga onde gozaron do xacemento e do museo. A continuación visitaron a Igrexa de Santa Maria de Meira.
Aprenderon moito sobre a evolución do mundo dos castros e a etapa galaico-romana na provincia, así como do románico cisterciense.
A mañá estivo chea de anécdotas! Preguntádelle aos pequenos!
miércoles, 3 de mayo de 2023
miércoles, 26 de abril de 2023
ADMISIÓN ALUMNADO
jueves, 16 de marzo de 2023
miércoles, 1 de marzo de 2023
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023
O prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 23/24, ábrese dende hoxe mércores, 1 de marzo ata o luns 20 de marzo (ambos incluídos).
Os pais, nais e/ou titores legais que desexen presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
A través da aplicación admisión alumnadoPara presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 11 de abril, ambos os dous incluídos.
- Publicación no centro das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
- Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa
- publicación.
- Publicación no centro das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
- Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido.
- Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
MATRÍCULA
- Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS:
- 4º EDUCACIÓN INFANTIL: 25
- 5º EDUCACIÓN INFANTIL: 14
- 6º EDUCACIÓN INFANTIL: 8
- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7
- 2º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: 3
- 4º EDUCACIÓN PRIMARIA: 15
- 5º EDUCACIÓN PRIMARIA: 8
- 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7
miércoles, 8 de febrero de 2023
SEMANA DO ENTROIDO
SEMANA DO ENTROIDO!
-
Estimadas familias: Dende o noso colexio, e en colaboración coa Biblioteca Escolar e a nosa mascota, Tintileo , estamos a traballar nu...




.jpeg)


