miércoles, 30 de junio de 2021

LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO 2021/2022

En cumprimento do artigo 13bis da Orde do 12 de maio de 2020 (que non permite a publicación web), a listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de educación primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta na porta de edificio de admnistración do colexio.

  • Prazo de reclamacións a esta listaxe: venres 2 de xullo.
  • Publicación listaxe definitiva: 5 de xullo.
  • Entrega de vales: 6 de xullo (de 10:00 a 14:00). De non poder acodir, entregaranse en setembro.
  • Entrega de libros do fondo: setembro 2021 







jueves, 20 de mayo de 2021

FONDOLIBROS 2021/2022

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participaciónno fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir librosde texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educaciónprimaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centrosdocentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código deprocedemento ED330B).

Para presentación electrónica, entrar na aplicación fondolibros

Para presentación presencial: utilice os Anexos I e II da Orde de convocatoria

 

jueves, 29 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DA DANZA

Hoxe celébrase o Día Mundial da danza, e nós celebrámolo, a proposta do CDAN con esta coreografía:



miércoles, 14 de abril de 2021

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2021/2022

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022, TODAS AS SOLICITUDES RESULTADON ADMITIDAS.

A formalización de matrícula realizara do 20 ao 30 de xuño. Publicarase neste blog a documentación a aportar nesas datas, e o xeito de presentala.



martes, 6 de abril de 2021

Egg hunt



 





O profesorado de inglés organizou unha búsqueda de ovos de pascua polas dependencias do centro. 
O alumnado gozou moito desta actividade, como podedes observar nas fotografías!

lunes, 29 de marzo de 2021

Publicación da Semana da Prensa

Rematamos o trimestre ofrecéndovos unha publicación especial que foi elaborada na Semana da Prensa na Escola, na que participaron todos os cursos do cole e na que se tratan varios temas que se traballaron nas últimas semanas.

Desexámosvos unha moi feliz semana!


viernes, 26 de febrero de 2021

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

 

Inicio do procedimiento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022 (código do procedemento ED550B)


PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 22 DE MARZO,


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: Impreso de Solicitude (ANEXO II) 

Para entregar a solicitude na secretaría do centro prégase solicitar CITA PREVIA no teléfono: 982 870 456

Pódese tramitar a solicitude a través da aplicación  admisiónalumnado.

 


LIBROS DE TEXTO CURSO 2026 2027