miércoles, 8 de febrero de 2023

SEMANA DO ENTROIDO

 SEMANA DO ENTROIDO!

Xa estamos desexando que chegue o Entroido!! Así que comezamos a próxima semana, cos mandatos do Meco!!
Animámosvos a que participedes, pero non esquezades que é unha actividade voluntaria.



martes, 24 de enero de 2023

Solicitude de reserva de praza para o curso 2023/2024






PRAZO: DO 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO



Reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro que desexe ser adscrito ao IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES.

  • RESERVA DE PRAZA ON-LINE: Cumprimentar e enviar por sede electrónica (con certificado electrónico ou chave 365) ou imprimir e entregar no colexio. 
  • IMPRESO EN PAPEL:  Cumprimentar e entregar no colexio o impreso que lles foi entregado na aula:
          ED550A-G (Galego)
          ED550A-C
 (Castelán) 

O impreso de reserva de praza deberá ser asinado polos dous proxenitores, o que se presente como persoa solicitante asinará no anexo I e a outra persoa proxenitora asinará o seu consentimento no anexo I-bis.

- Se non desexa que o seu fill@ continúe os seus estudos no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado o Anexo II de admisión no centro da súa preferencia, do 1 ao 21 de MARZO.

- A non reserva da praza neste período, causa perda do dereito preferente a una praza no instituto adscrito.

- A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

INFORMACIÓN XERAL

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


lunes, 16 de enero de 2023

ALERTA LARANXA

A Consellería de Educación ven de publicar na súa página web unha alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña das provincias da Coruña e Lugo:


A empresa adxudicataria  vén de comunicarnos que non pode garantir o funcionamento do transporte escolar do centro en horario de tarde (15:30h).

martes, 20 de diciembre de 2022

BO NADAL

Nadal… tempo de agradecer. E cando a gratitude é tan absoluta, as palabras sobran.

 Este traballo do noso alumnado en colaboración coas familias é para todas vós: nais, avoas, parellas, profesoras, amigas… sodes AS NOSAS MULLERES, AS IMPRESCINDIBLES.




lunes, 17 de octubre de 2022

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR


No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€, que as familias poden recoller nos centros docentes a partir de hoxe luns, 17 de outubro.

Non é necesario realizar ningún trámite adicional.




LIBROS DE TEXTO CURSO 2026 2027