lunes, 24 de junio de 2019
domingo, 23 de junio de 2019
martes, 4 de junio de 2019
lunes, 3 de junio de 2019
HORARIO XUÑO
A partir de hoxe, luns 3 de xuño, o horario de saída despois de xantar é ás 15:15h.
Lembramos que no mes de xuño non hai actividades extraescolares.
viernes, 31 de mayo de 2019
ACTIVIDADES
Pinchando en las imágenes, podéis acceder a los álbumes de las últimas actividades y salidas escolares.
jueves, 23 de mayo de 2019
Fondo Solidario de Libros. Axudas Libros e Material Escolar 2019/20
ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B)
Beneficiarias:
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Prazo de presentación de solicitudes:
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2020.
Enlace á web para a solicitude electrónica: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Solicitude soporte papel: ANEXO I
jueves, 16 de mayo de 2019
AVISO
Recordámosvos que mañá venres 17 de maio, Día das Letras Galegas e o luns 20 de maio (día non lectivo aprobado polo Consello Escolar) NON HABERÁ CLASE.
miércoles, 20 de marzo de 2019
Actividades Extraescolares e Complementarias
Nas últimas semanas, realizáronse no colexio varias actividades:
O alumnado de 6º de Educación Primaria, realizou unha visita ao CIFP Politécnico de Lugo dentro do programa EMPRENDEDORES:
(Más fotografías neste álbum)
Ana Casanova, delegada do xornal El Pogreso, visitou a nosa bilioteca para impartir unha charla aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación Primaria co gallo da celebración da Semana da Prensa. O resto do alumnado participou en talleres coordinados desde a Biblioteca Escolar.
Pola súa banda, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, realizaron unha viaje cultural á Coruña, visitando o Aquarium Finisterrae e a Domus.
O Día da Muller, realizamos varias actividades e recibimos a visita das xogadoras do Clube de Baloncesto Ensino:
Por último, o 18 de marzo, todo o colegio acudimos ao Vello Cárcere para asistir a un concerto didáctico do grupo Odaiko.
(Neste álbum, fotos do concerto)
viernes, 8 de marzo de 2019
martes, 26 de febrero de 2019
ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2019/2020
O vindeiro 1 de marzo iniciarase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/2020.
· Solicitude de
admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria)
do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de
solicitude, que se facilitará na secretaría do centro e tamén está
dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II). A
solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática
"admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ .
· Formalización de
matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño.
lunes, 25 de febrero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VALES FONDOLIBROS
📚 RECOLLIDA DE VALES DO FONDO LIBROS 📅 Do mércores 9 ao venres 11 de xullo 🕙 De 10:00 a 13:00 horas Informamos a todas as familias que ...