ENTREGA DE MATERIAL E RECOLLIDA DE SOLICITUDES LIBROS





 Estimadas familias:

Para facilitar o cumprimento  das medidas de protección en contra do COVID-19 , establécense os prazos para acudir ao centro a recoller o material que o alumnado ten nas súas respectivas aulas e para presentar a solicitude de axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta de Galicia.

O alumnado de Educación Infantil recollerá os seus materiais unha vez rematado o período lectivo, non obstante, as familias de 6º de EI que cursarán 1º de EP no vindeiro curso 2020/2021, poden solicitar a axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar.

CURSO

DÍA

AULA

PORTA ENTRADA

1º EP

VENRES 29

1º EP

Porta principal

2º EP

XOVES 28

2º EP

Cancela traseira

3º EP

XOVES 28

3º EP

Porta principal

4º EP

VENRES 29

4º EP

Porta principal

5º EP

XOVES 28

5º EP

Cancela traseira

6º EP

VENRES 29

6º EP

Cancela traseira

5 ANOS

LUNS 1

ED. ADMIN.

Cancela traseira

O horario de atención ás familias será de 9:30 a 13:30.

Dirixiranse en primeiro lugar ás aulas correspondentes e a continuación deixarán a solicitude dos libros no edificio administrativo, de non telo realizado de xeito telemático na aplicación FONDOLIBROS ou na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia.

No caso de realizar a solicitude de xeito presencial, pregamos traian cuberta a documentación  ANEXO I e ANEXO II da convocatoria.

Virá unha soa persona por familia, sempre con máscara e respectarase en todo momento a distancia de seguridade, procedendo ao desinfectado das mans cos dispensadores de xel hidroalcohólico que atoparán á entrada de cada aula/pabillón.

 

De non poder acudir ao centro no turno que lle corresponda, ou calquera outra consulta, atenderase ás familias previa cita telefónica chamando ao teléfono: 982 870 456.



Comentarios