CEIP PLURILINGÜE DE NADELA
lunes, 22 de junio de 2026
jueves, 28 de mayo de 2026
SOLIDARIEDADE
Unha xornada marcada pola solidariedade no noso centro
Hoxe recibimos unha visita moi especial. O presidente da Asociación Contra o Cancro de Lugo, acompañado por Miguel García, achegouse ata aquí para un acto que nos enche de orgullo e emoción.
Durante o encontro, fixemos entrega de 1050€, unha cantidade recadada de xeito íntegro grazas á venda solidaria dos libros procedentes do expurgo da nosa biblioteca escolar.
Queremos aproveitar este espazo para expresar o noso máis profundo agradecemento á Asociación. O voso labor incondicional no acompañamento a pacientes e familiares, así como o voso esforzo constante por impulsar a investigación científica, son fundamentais e un verdadeiro exemplo para toda a sociedade.
Así mesmo, queremos dirixir un agradecemento inmenso a toda a nosa comunidade educativa. O voso apoio, a vosa implicación e a vosa concienciación fixeron posible que esta iniciativa fose un éxito rotundo. Grazas por demostrar, unha vez máis, a vosa enorme xenerosidade e compromiso coas causas que de verdade importan.
miércoles, 20 de mayo de 2026
Fondo solidario e axudas para libros de texto e material escolar (Curso 2026-27)
Fondo solidario e axudas para libros de texto e material escolar (Curso 2026-27)
Prazo de solicitude: Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2026 (ambos inclusive).
Convocatoria oficial:
Opción 1: Presentación electrónica
- Importante: Se elixen esta vía, deben presentar unha solicitude individual por cada fillo/a.
Para tramitala a través da Sede Electrónica, precisarán:
Chave365 ou ben
Certificado dixital / DNI electrónico xunto coa aplicación Autofirma.
Opción 2: Presentación presencial
Teñen dúas alternativas para entregar a documentación no centro educativo:
Dixital e impresa: Cubran os datos na aplicación, imprime os Anexos I e II xerados e preséntenos no centro. (Aplicación)
Manual: Cubran directamente os Anexos I e II da Orde da convocatoria e entréguenos no centro.
Casos especiais
Alumnado sen centro asignado: Se aínda non saben en que colexio ou instituto estará escolarizado o seu fillo/a no curso 2026-2027, deben presentar a solicitude no centro onde estean matriculados/as este curso actual (2025-2026).
Incorporacións fóra de prazo: As solicitudes por matrícula extraordinaria fóra do prazo habitual presentaranse unicamente de xeito presencial no propio centro (ata o 31/03/2027).
Documentación complementaria (Artigo 11 e 12)
Que NON teñen que presentar? Se non se opoñen a que a Administración consulte os seus datos telematicamente, non fai falta que acheguen:
DNIs ou NIEs.
Acreditacións de discapacidade (expedidas pola Xunta) ou de pensión por incapacidade.
Declaración do IRPF (neste caso, lembren que deben dar a túa autorización expresa no formulario).
Nota: Se a Administración non fose quen de verificar estes datos de forma automática, poderá solicitar que os presenten máis adiante.
Para máis detalles, poden consultar a aplicación FONDO LIBROS.
viernes, 27 de febrero de 2026
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2026-2027
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS ADMISIÓN DE ALUMNADO
PARA O CURSO 2026-2027
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO
DE ADMISIÓN
·
DECRETO
13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en
centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de
segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación
secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3
de maio, de educación.
·
ORDE
do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de
febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros
docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo
de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria
obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
·
Instrucións
da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do
proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos
públicos para o curso académico 2026-2027.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS
SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Prazo de presentación: Do 1 ao 23 de
marzo, ámbolos dous incluídos.
As solicitudes (ED550B)
presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario
normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado),
a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente,
poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado
en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na
normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das
solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e
sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude deberá estar asinada
por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor
de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa
proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros
computables da unidade familiar e consentimento (anexos
I-bis, II-bis).
O alumnado admitido formalizará a súa matrícula
no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos:
·
Educación infantil e primaria ->do 20 ao 30 de xuño.Tamén podedes facer a reserva
de praza a través da aplicación informática “admisión alumnado” co certificado
dixital ou a Chave365. Toda a información aquí. www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
·
Publicación das
listaxes provisionais de persoas admitidas e non
admitidas: antes do 25 de abril.
·
Publicación das
listaxes definitivas de persoas admitidas e non
admitidas: antes do 15 de maio.
·
Formalización da matrícula en
educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
·
ANEXOS I e II
debidamente cubertos e asinados da solicitude ED550B
·
Certificado de padrón onde
figuren todos os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano.
·
Orixinal e fotocopia do DNI do alumno/a
ou do libro de familia.
·
Proximidade do lugar de traballo do pai/ nai,
documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo.
O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo
concreto.
·
Calquera outra documentación acreditativa para a
adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa
vixente (certificación de familia numerosa, discapacidade, etc.,).
·
Acreditación de familia monoparental.
·
Para a valoración da renda per cápita da unidade
familiar, deberá facerse constar a cantidade correspondente á base imposible no
caso de declaración conxunta, ou a base impoñible de cada un dos declarantes no
caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulta
da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro
da declaración do ano 2024)
·
Criterio complementario para a
adxudicación dun punto polo Centro: Que todos os centros solicitados sexan
centros públicos.
Manual axuda para as familias.
viernes, 16 de enero de 2026
Reserva de praza para Educación Secundaria
Curso 2026/2027
Informámosvos
de que comeza o proceso de reserva de praza para o alumnado que remata a
súa etapa no noso colexio e desexa continuar os seus estudos no centro de
secundaria ao que estamos adscritos: o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.
O alumnado que desexe escolarizarse noutro centro educativo, debe esperar á apertura do plazo ordinario de admisión de alumnado (1 ao 20 de marzo).
O período para solicitar a reserva abrangue dende o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos..
Documentación necesaria
Para
formalizar o trámite, deberedes achegar:
- Solicitude oficial (Anexo I - Modelo ED550A): debidamente cuberta,
- Anexo I-bis (Modelo ED550Abis): para a comprobación de datos e o consentimento de ambos proxenitores, titores ou acolledores.
- Libro de familia: copia do documento ou equivalente onde figure o/a alumno/a. En caso de acollemento, a resolución administrativa ou xudicial correspondente.
- DNI/NIE: Se vos opoñedes á consulta automática de datos por parte da administración, debedes achegar unha copia dos documentos de identidade dos solicitantes.
Como presentar a solicitude?
Tedes dúas
opcións para realizar este trámite:
- Vía Telemática (Preferible): A través da aplicación admisionalumnado ou na Sede
Electrónica da Xunta de Galicia.
- Vía Presencial: Na secretaría do CEIP Plurilingüe
de Nadela, en horario de administración de 9:00 a 14:00 horas.
Normativa de referencia
Este
procedemento desenvólvese segundo o establecido no Decreto 13/2022 e a Orde
do 21 de outubro de 2022, que regulan a admisión do alumnado en centros
sostidos con fondos públicos.
Un saúdo,
O Equipo
Directivo do CEIP Plurilingüe de Nadela
jueves, 4 de diciembre de 2025
Chega o Nadal!
Estimadas familias:
Dende o noso
colexio, e en colaboración coa Biblioteca
Escolar e a nosa mascota, Tintileo,
estamos a traballar nun fermoso proxecto de Nadal.
Imos realizar a
decoración do centro creando os nosos propios adornos artesanais a partir de
materiais reciclados, inspirados nos animais do bosque.
Para poder levar a cabo esta
actividade, solicitamos a vosa colaboración na achega dun adorno, para o que necesita redes os seguintes materiais:
·
Cartón groso e resistente (de caixas de embalaxe).
·
Retallos de tea ou feltro de cores variadas (para bufandas, gorros).
·
Cordel, la ou fío groso para colgar os adornos.
·
Pequenas ramas de abeto ou piñeiro (se é posible).
Podedes entregar
estes materiais ao titor/a do voso fillo/a antes do vindeiro 10 de decembro de
2025.
Agradecemos de
antemán a vosa imprescindible colaboración neste proxecto que enche de
creatividade e ilusión o noso colexio.
Un cordial saúdo,
1. Materiais
Necesarios:
- Base:
Cartón reciclado (de caixas) ou táboas finas de madeira/MDF.
- Pinturas:
Pinturas acrílicas ou témperas.
- Ferramentas e Complementos:
- Marcadores permanentes de punta fina
(negro).
- Tesoiras e/ou cúter (para uso adulto ou con
supervisión).
- Pegamento forte (cola branca ou cola
quente).
- Cordel ou la para colgar os adornos.
- Pequenos anacos de tea, feltro, la ou papel
de xornal para detalles (bufandas, gorros).
- Elementos decorativos: Ramas pequenas de
abeto ou piñeiro, bagas artificiais ou naturais (non tóxicas), abalorios
de madeira (opcional).
2. Elaboración
da Base:
- Deseño:
Debuxa as formas desexadas para os adornos: círculos, óvalos, cadrados, ou
a silueta do animal (oso, cervo, raposo).
- Recorte:
Recorta as formas na base de cartón ou madeira.
- Furado:
Fai un pequeno furado na parte superior do adorno para poder pasar o
cordel.
- Imprimación (Opcional): Pinta toda a superficie do adorno cunha capa de pintura branca ou
beige para mellorar a adherencia e a viveza das cores finais. Deixa secar.
3. Decoración e
Pintura:
- Fondo:
Pinta o fondo da figura cunha cor vibrante (vermello, azul, verde).
- Animal:
Pinta as cores base do animal escollido (por exemplo, branco para un oso
polar ou marrón para un cervo). Deixa secar cada capa.
- Detalles do Rosto: Utiliza o marcador negro ou un pincel fino para debuxar os ollos,
o fociño, e as orellas. Podes engadir pequenos toques de branco para dar
luz e expresión.
- Complementos:
Pinta ou recorta e pega elementos adicionais como:
- Bufandas de feltro ou tea.
- Gorros e libros de cartón ou papel.
- Patróns de cadros ou raias nas roupas.
4. Montaxe
Final:
- Texturas: Se
queres un aspecto envellecido, aplica unha capa moi lixeira e case seca de
pintura branca ou beige por riba da pintura base.
- Adornos Naturais: Pega as pequenas ramas de abeto e as bagas na parte superior ou
lateral do adorno, prestando atención á composición.
- Colgante: Pasa o cordel ou a la polo burato superior e fai un nó para crear a argola. Podes engadir abalorios de madeira no cordel antes de anudar.
5.Remata o traballo!
1.
Escribe una mensaxe para
toda a Comunidade Educativa polo reverso do adorno.
2.
Entrégao a túa titora ou titor o día 10 de decembro
Grazas pola vosa colaboración! Deixámosvos unhas imaxes da artista Hyo J Him por se vos serve de inspiración.
https://www.instagram.com/hyokim_crafts?igsh=ZnRtM3BodnVmYmo2
martes, 28 de octubre de 2025
viernes, 24 de octubre de 2025
martes, 8 de julio de 2025
VALES FONDOLIBROS
📚 RECOLLIDA DE VALES DO FONDO LIBROS
📅 Do mércores 9 ao venres 11 de xullo
🕙 De 10:00 a 13:00 horas
Informamos a todas as familias que durante estas datas poderedes recoller no centro os vales de libros de texto e material escolar correspondentes ao programa FONDO LIBROS da Xunta de Galicia.
viernes, 4 de julio de 2025
-
Estimadas familias: Dende o noso colexio, e en colaboración coa Biblioteca Escolar e a nosa mascota, Tintileo , estamos a traballar nu...



.png)



