martes, 21 de enero de 2025
lunes, 20 de enero de 2025
RESERVA DE PRAZA - IES
ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA NO IES PARA O ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
RESERVA DE PRAZA CURSO
2025/2026
O prazo de presentación de solicitudes
de reserva de praza para o alumnado que cambia de etapa
educativa e desexa continuar estudos no centro de adscrición (IES NOSA
SEÑORA DOS OLLOS GRANDES) o curso 2025-2026 será
desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febrero DE 2025
A
solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado (premendo no menú da mesma en Solicitudes
> Reserva > Crear) e presentarase en sede electrónica ou, de xeito
manual, no centro de orixe do alumnado.
A publicación
das listaxes de prazas asignadas mediante reserva de praza farase
no taboleiro de anuncios dos centros de orixe e de destino antes
do 23 de febreiro.
O alumnado que continúa
estudos no centro onde está matriculado ten garantida a
súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo
procedemento de admisión (nin solicitude de reserva).
SOLIDARIEDADE
Unha xornada marcada pola solidariedade no noso centro Hoxe recibimos unha visita moi especial. O presidente da Asociación Contra o Cancro d...
-
Estimadas familias: Dende o noso colexio, e en colaboración coa Biblioteca Escolar e a nosa mascota, Tintileo , estamos a traballar nu...