Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de marzo de 2017

Mulleres a través das décadas

Rematamos a semana da muller compartindo con todos vós as tres últimas biografías deste proxecto. O alumnado de 6º de EP e de 5º e 6º de infantil, traballaron as figuras de Teresa de Calcuta, Jane Goodall e Amelia Earhart.







viernes, 17 de marzo de 2017

Mulleres a través das décadas

Hoxe, nin máis nin menos que se achegou ao colexio Coco Chanel para amosarnos os seus últimos deseños. 

Non o irás perder!



miércoles, 15 de marzo de 2017

MULLERES A TRAVÉS DAS DÉCADAS

Continuamos traballando a biografía de mulleres que fixeron historia en diferentes décadas do seculo XX. Hoxe toca o turno de 1º, 2º e 5º de primaria.











jueves, 9 de marzo de 2017

Mulleres a través das décadas

Seguimos investigando e dando a coñecer a historia de mulleres importantes en diferentes ámbitos. Hoxe foi o turno de Rosa Parks (década dos 50) e Ángeles Alvariño (anos 2000, no 100 aniversario do seu nacemento).

Foron as nenas e nenos de 4º de primaria e 4º de infantil os que gravaron estas imaxes.




miércoles, 8 de marzo de 2017

8 de marzo. DÍA DA MULLER

O Día Internacional da Muller, celébrase cada 8 de marzo e foi recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, para facer ver as súas reinvindicacións, para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.



No CEIP Manuel Mallo Mallo, iniciamos hoxe un percorrido polas décadas do século XX, coñecendo a mulleres que realizaron un labor importante no desenvolvemento político, social, científico, económico, cultural... e son os nenos os que as presentan. 

Cada curso, elixiu unha figura da década que está a traballar no proxecto de Biblioteca Escolar, e así xurdíu a idea da realización dun vídeo para que o resto da comunidade escolar tamén coñeza estas importantes figuras.

Ao longo desta semana, irase creando unha exposición con obxectos destas mulleres, acompañados da súa biografía. 

Comezamos coa década do 90. O alumnado de 3º de EP realiza unha enquisa a...





viernes, 10 de febrero de 2017

Retrato

Hoxe tivemos a fortuna de que Paco posara para nós na carballeira. Empezamos co retrato no Proxecta "Fotografía en curso".
Grazas ao pai de Laura polo seu tempo, aguante e bo humor. 






lunes, 21 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno.

O alumnado de 4º de educación primaria, que están traballando a década dos 50 no proxecto anual do PLAMBE, realizou un vídeo no que resumen os dez principios que conforman esta declaración asinada na ONU en 1959.

Noraboa a Mencía, Erea, Alejandro, Víctor, Sofía, Esteban, Maxi, Dani, Noa e Eloy!



lunes, 24 de octubre de 2016

Día da Biblioteca Escolar

Hoxe, 24 de outubro, conmemoramos o DÍA DA BIBLIOTECA, este ano co lema: TERRITORIO DAS ARTES.

En Nadela, recibimos a visita especial de TINTILEO, que nos propuxo un traballo para todo este curso 2016/2017:

TINTILEO A TRAVÉS DAS DÉCADAS.

Apareceu ás 10:30 horas no patio do colexio, cun agasallo moi especial... Unha máquina do tempo! Para poder viaxar as diferentes décadas recentes da nosa historia. e para ir abrindo boca, entregou a cada aula unha película rodada en cada unha das décadas.

Deixounos tamén un vídeo que como foi que construiu a máquina do tempo:


Teredes máis información no blogue da biblioteca:


Pinchando aquí podes acceder á galería fotográfica desta actividade.

E como Tintileo é un crocodilo moi ao día nas novas tecnoloxías, comentou que a partir de agora, publicará as súas andainas nunha páxina de Facebook, que poderedes consultar no seguinte enlace.