miércoles, 21 de octubre de 2026

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DAS NAIS E PAIS AO CONSELLO ESCOLAR

      ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DAS NAIS E PAIS AO CONSELLO ESCOLAR


CONVOCATORIA


Segundo a RESOLUCIÓN  do  27  de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación

Educativa , pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondo público (DOG 04-09-2026),a Xunta Electoral deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ó Consello Escolar, SECTOR DAS NAIS E PAIS DO ALUMNADO, segundo as normas seguintes:


1.- Conforme ao establecido no artigo 37, 39 e 41 (redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro) do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG 21/10/1996), CORRESPONDE ELIXIR NO PRESENTE PROCESO ELECTORAL A 1 NAI/PAI dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar (Un representante no Consello Escolar o elixe a ANPA do colexio e as/os outras/os  representantes das nais/pais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2024).


2.- Son electores todas as nais e pais ou, se é o caso, o titores legais do alumnado matriculados no centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado á Xunta Electoral, ata as 14:00 h. do día 3 de novembro.


3.- Son elixibles as nais e pais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 h. do día 3  de novembro


4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidato, o día 5 de novembro, ás 09:00 h. Dita mesa electoral estará composta polo director do centro, que actuará como presidente, e dous nais/pais ou titores legais, actuando como secretario/a o/a de menor idade.


5.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais do alumnado matriculado no centro, propostos pola ANPA ou avalados para tal fin pola firma de 10 electores.


6.- As votacións poderán realizarse a traves da aplicación Abalar dende o día 11 ata o 17 de novembro. Asemade poderase votar presencialmente no centro o día   o día 24 de novembro.


7.- Na papeleta de votación cada elector fará consta un máximo de 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.


8.- Teñen dereito ó voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal do alumnado.



9.- Finalizada a votación procederase ó escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envía á Xunta Electoral do centro.


10.- A Xunta Electoral do centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.     


                                                                                                          

                                                                                                 Lugo, 21 de outubro de 2026

A directora e presidenta da Xunta Electoral          

                                                                                                     Mª Teresa de Juan Lerma

lunes, 14 de septiembre de 2026

ACLARACIÓNS COMEDOR ESCOLAR


COMEDOR ESCOLAR

Co obxecto de aclarar o réxime aplicable ao alumnado escolarizado voluntariamente fóra da zona de influencia que lle corresponde, considérase necesario lembrar a evolución das instrucións de Comedores Escolares de Xestión Directa:

  • Ata o curso 2024/2025 (incluido), o alumnado de fóra de zona que xa estaba matriculado no centro podía manter o prezo do servizo de comedor correspondente ao seu tramo de renda.

  • A partir do curso 2025/2026, a Instrución 1/2025 estableceu unha diferenza entre:

- Alumnado de fóra de área de influencia que se matriculase por primeira vez no centro debía aboar 4,50 € por día de servizo, con independencia da renda familiar, así como doutras casuísticas de gratuidade contempladas na citada Instrución.


- Alumnado de fóra de área de influencia xa matriculado no centro con anterioridade (curso 2024/2025 e anteriores) aínda que non consolidaba a praza de comedor, podía manter o prezo correspondente ao seu tramo de renda.

Deste xeito o alumnado de fóra de área de influencia que se incorporase ao centro por primeira vez a partir do curso 2025/2026 deberá aboar 4,50 € por día de servizo ao longo deste curso e en cursos sucesivos. 

Así mesmo, cómpre lembrar que o alumnado escolarizado fóra da área de influencia non ten dereito preferente aos servizos complementarios de comedor e transporte escolar. A súa admisión ten carácter excepcional e deberá solicitarse anualmente, quedando condicionada á dispoñibilidade de prazas e á atención prioritaria do alumnado con dereito preferente.

Polo tanto, para a correcta aplicación das tarifas e da admisión ao servizo de comedor, os centros deberán ter en conta:

1. A data de primeira matriculación do alumnado no centro.

2. Se o alumnado se atopa ou non dentro da zona de influencia que lle corresponde.

3. A Instrución aplicable ao curso escolar correspondente.

4. A necesidade de solicitar anualmente a praza de comedor no caso do alumnado de fóra de zona.

5. A aplicación da tarifa de 4,50 € por día cando así corresponda, sen aplicar os tramos de renda.

miércoles, 2 de septiembre de 2026



 



Estimadas familias:

Damos comezo ao novo curso escolar 2026/2027 convocando as reunións iniciais coas titoras e titores. Os encontros terán lugar nas respectivas aulas segundo o seguinte calendario e horario:

Luns, 7 de setembro

  • 10:00 h: 4º de Educación Infantil, 1º de Primaria e 2º de Primaria

  • 10:30 h: 3º de Primaria e 4º de Primaria

Martes, 8 de setembro

  • 10:00 h: 5º de Educación Infantil e 6º de Educación Infantil

  • 11:00 h: 5º de Primaria e 6º de Primaria

Recordamos tamén que o horario habitual de atención e titorías coas familias ao longo do curso será os martes de 14:30 a 15:30 h.

Agardámosvos para coordinar xuntos este inicio de curso, que comezará o mércores 9 de setembro de 9 a 14 horas (comedor ata as 15:15).


jueves, 28 de mayo de 2026

SOLIDARIEDADE




Unha xornada marcada pola solidariedade no noso centro


Hoxe recibimos unha visita moi especial. O presidente da Asociación Contra o Cancro de Lugo, acompañado por Miguel García, achegouse ata aquí para un acto que nos enche de orgullo e emoción.


Durante o encontro, fixemos entrega de 1050€, unha cantidade recadada de xeito íntegro grazas á venda solidaria dos libros procedentes do expurgo da nosa biblioteca escolar.


Queremos aproveitar este espazo para expresar o noso máis profundo agradecemento á Asociación. O voso labor incondicional no acompañamento a pacientes e familiares, así como o voso esforzo constante por impulsar a investigación científica, son fundamentais e un verdadeiro exemplo para toda a sociedade. 


Así mesmo, queremos dirixir un agradecemento inmenso a toda a nosa comunidade educativa. O voso apoio, a vosa implicación e a vosa concienciación fixeron posible que esta iniciativa fose un éxito rotundo. Grazas por demostrar, unha vez máis, a vosa enorme xenerosidade e compromiso coas causas que de verdade importan.

miércoles, 20 de mayo de 2026

Fondo solidario e axudas para libros de texto e material escolar (Curso 2026-27)

 


Fondo solidario e axudas para libros de texto e material escolar (Curso 2026-27)

Prazo de solicitude: Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2026 (ambos inclusive).  

Convocatoria oficial: Descarge aquí a ORDE do 29 de abril de 2026 (DOG do 18 de maio)

Opción 1: Presentación electrónica

  • Importante: Se elixen esta vía, deben presentar unha solicitude individual por cada fillo/a.

Para tramitala a través da Sede Electrónica, precisarán:

  • Chave365 ou ben

  • Certificado dixital / DNI electrónico xunto coa aplicación Autofirma.

Opción 2: Presentación presencial

Teñen dúas alternativas para entregar a documentación no centro educativo:

  • Dixital e impresa: Cubran os datos na aplicación, imprime os Anexos I e II xerados e preséntenos no centro. (Aplicación)

  • Manual: Cubran directamente os Anexos I e II da Orde da convocatoria e entréguenos no centro.

Casos especiais

  • Alumnado sen centro asignado: Se aínda non saben en que colexio ou instituto estará escolarizado o seu fillo/a no curso 2026-2027, deben presentar a solicitude no centro onde estean matriculados/as este curso actual (2025-2026).

  • Incorporacións fóra de prazo: As solicitudes por matrícula extraordinaria fóra do prazo habitual presentaranse unicamente de xeito presencial no propio centro (ata o 31/03/2027).

Documentación complementaria (Artigo 11 e 12)

Que NON teñen que presentar? Se non se opoñen a que a Administración consulte os seus datos telematicamente, non fai falta que acheguen:

  • DNIs ou NIEs.

  • Acreditacións de discapacidade (expedidas pola Xunta) ou de pensión por incapacidade.

  • Declaración do IRPF (neste caso, lembren que deben dar a túa autorización expresa no formulario).

Nota: Se a Administración non fose quen de verificar estes datos de forma automática, poderá solicitar que os presenten máis adiante.

Para máis detalles, poden consultar a aplicación FONDO LIBROS.

viernes, 27 de febrero de 2026

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2026-2027

 


INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS ADMISIÓN DE ALUMNADO

PARA O CURSO 2026-2027


NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

·         DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

·         ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

·         Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2026-2027.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Prazo de presentación: Do 1 ao 23 de marzo, ámbolos dous incluídos.

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexos I-bis, II-bis).


 MATRÍCULA

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos: 

·         Educación infantil e primaria ->do 20 ao 30 de xuño.Tamén podedes facer a reserva de praza a través da aplicación informática “admisión alumnado” co certificado dixital ou a Chave365. Toda a información aquí. www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

·         Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

·         Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

·         Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

·         ANEXOS I e II debidamente cubertos e asinados da solicitude ED550B

·         Certificado de padrón onde figuren todos os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano.

·         Orixinal e fotocopia do DNI do alumno/a ou do libro de familia.

·         Proximidade do lugar de traballo do pai/ nai, documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto.

·         Calquera outra documentación acreditativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, discapacidade, etc.,).

·         Acreditación de familia monoparental.

·         Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, deberá facerse constar a cantidade correspondente á base imposible no caso de declaración conxunta, ou a base impoñible de cada un dos declarantes no caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro da declaración do ano 2024) 

·         Criterio complementario para a adxudicación dun punto polo Centro: Que todos os centros solicitados sexan centros públicos.


   Manual axuda para as familias.


 

viernes, 16 de enero de 2026

 

Reserva de praza para Educación Secundaria 

Curso 2026/2027


Estimadas familias de 6º de Educación Primaria:


Informámosvos de que comeza o proceso de reserva de praza para o alumnado que remata a súa etapa no noso colexio e desexa continuar os seus estudos no centro de secundaria ao que estamos adscritos: o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

O alumnado que desexe escolarizarse noutro centro educativo, debe esperar á apertura do plazo ordinario de admisión de alumnado (1 ao 20 de marzo).

O período para solicitar a reserva abrangue dende o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos..

Documentación necesaria

Para formalizar o trámite, deberedes achegar:

  • Anexo I-bis (Modelo ED550Abis): para a comprobación de datos e o consentimento de ambos proxenitores, titores ou acolledores.
  • Libro de familia: copia do documento ou equivalente onde figure o/a alumno/a. En caso de acollemento, a resolución administrativa ou xudicial correspondente.
  • DNI/NIE: Se vos opoñedes á consulta automática de datos por parte da administración, debedes achegar unha copia dos documentos de identidade dos solicitantes.

Como presentar a solicitude?

Tedes dúas opcións para realizar este trámite:

Normativa de referencia

Este procedemento desenvólvese segundo o establecido no Decreto 13/2022 e a Orde do 21 de outubro de 2022, que regulan a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

Un saúdo,

O Equipo Directivo do CEIP Plurilingüe de Nadela