domingo, 22 de junio de 2025

FORMALIZACIÓN MATRíCULA

Para formalizar a matricula de xeito presencial:

Presentar no centro o ANEXO III de formalizacion de matricula, acompañado da documentacion recompilada neste cartafol.


Formalización de matricula en liña:

📌 

Que é a matrícula en liña?


É un sistema para que as familias poidan matricular ao seu fillo ou filla desde a casa, sen necesidade de ir ao centro educativo. Tamén se pode seguir facendo de forma presencial se se prefire.


🖥️ 

Onde se fai?


Na web da Xunta: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

CONSULTAR DOCUMENTO DE AXUDA

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR


É necesario identificarse con Chave365 ou certificado dixital.


🗓️ 

Cales son os prazos?

  • Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño

  • ESO e Bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo


👧👦 

Para quen é a matrícula en liña?

  • Alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo galego (4º Infantil, 1º Primaria).

  • Alumnado que cambia de centro.

  • Alumnado que inicia unha nova etapa nun centro adscrito.

  • Todo o alumnado de ESO e Bacharelato.

  • Se o neno/a segue no mesmo centro en Infantil ou Primaria, non hai que facer matrícula.


✅ 

Pasos para facer a matrícula:

  1. Entrar na web Admisión Alumnado.

  2. Identificarse (con Chave365 ou certificado dixital).

  3. Seleccionar a opción “Matricular” (segundo o caso).

  4. Cubrir os datos da familia, do alumno/a, escoller opcións (relixión ou proxecto competencial) e servizos (comedor, transporte…).

  5. Subir a documentación (consultar a web/blog do centro).

  6. Finalizar o proceso.

jueves, 24 de abril de 2025

OBSERVA-ACCIÓN. XORNADA DE ACOLLIDA

Hoxe, 24 de abril, dentro do programa Observa_Acción: Etapa Acolle, tivemos unha xornada especial de aprendizaxe compartida co CEIP Soutelo de Montes.  


Durante a mañá realizamos:

  • Unha visita guiada polo centro.
  • Observacións nas aulas e nos patios lúdicos: para conversar e intercambiar impresións

Trala pausa do recreo, o alumnado foi protagonista coa súa participación na representación da visita de Emilia Pardo Bazán, unha actividade na que se presentou  o “Libro Máxico de Emilia Pardo Bazán”, un libro que resultou da Xincana Literaria celebrada onte, Día do Libro,  na que todos os cursos realizaron unha serie de probas relacionadas con Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e coa vida e obra da propia Emilia Pardo Bazán. Estas probas, guiadas por Tintileo, tiñan como obxectivo a elaboración das páxinas do libro máxico que presentou a escritora, como broche final dunha celebración chea de imaxinación, lectura e traballo colaborativo. 


,: '


Grazas ao CEIP Soutelo de Montes pola súa presenza e por facer desta xornada un exemplo de colaboración entre escolas.




Seguimos observando, aprendendo e creando!




viernes, 28 de febrero de 2025

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2025/2026






Iníciase mañá proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2025/26, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e que ten os seguintes prazos:

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2025: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2025: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2025: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • Do 20 ao 30 de xuño de 2025: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
Documentación a presentar 

  • ANEXOS I e II debidamente cubertos e asinados da solicitude ED550B
  • Certificado de padrón onde figuren todos os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Orixinal e fotocopia do DNI do alumno/a ou do libro de familia.
  • Proximidade do lugar de traballo do pai/ nai, documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto.
  • Calquera outra documentación acreditativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, discapacidade, etc.,).
  • Acreditación de familia monoparental.
  • Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, deberá facerse constar a cantidade correspondente á base imposible no caso de declaración conxunta, ou a base impoñible de cada un dos declarantes no caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro da declaración do ano 2024) 
  • O criterio complementario para a adxudicación dun punto polo Centro: Que todos os centros solicitados sexan centros públicos.

 Ligazóns de interese para as famlias:

martes, 21 de enero de 2025

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 


O vindeiro 12 de febreiro, ás 16:00 horas, realizaremos unha xornada de portas abertas para o alumnado de nova incorporación.
Confirmade a asistencia no seguinte formulario:

lunes, 20 de enero de 2025

RESERVA DE PRAZA - IES

 

ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA NO IES PARA O ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

RESERVA DE PRAZA CURSO 2025/2026

 

O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o alumnado que cambia de etapa educativa e desexa continuar estudos no centro de adscrición (IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES) curso 2025-2026 será desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febrero DE 2025

A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado (premendo no menú da mesma en Solicitudes > Reserva > Crear) e presentarase en sede electrónica ou, de xeito manual, no centro de orixe do alumnado.

publicación das listaxes de prazas asignadas mediante reserva de praza farase no taboleiro de anuncios dos centros de orixe e de destino antes do  23 de febreiro.

alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de admisión (nin solicitude de reserva).

 Máis información na propia aplicación de admisionalumnado (normativa relacionada, manual de uso da aplicación para as familias, modelos solicitudes, consulta de listaxes de admitidos).


LIBROS DE TEXTO 2025/2026