Para formalizar a matricula de xeito presencial:
Presentar no centro o ANEXO III de formalizacion de matricula, acompañado da documentacion recompilada neste cartafol.
📌
Que é a matrícula en liña?
É un sistema para que as familias poidan matricular ao seu fillo ou filla desde a casa, sen necesidade de ir ao centro educativo. Tamén se pode seguir facendo de forma presencial se se prefire.
🖥️
Onde se fai?
Na web da Xunta: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
É necesario identificarse con Chave365 ou certificado dixital.
🗓️
Cales son os prazos?
Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño
ESO e Bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo
👧👦
Para quen é a matrícula en liña?
Alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo galego (4º Infantil, 1º Primaria).
Alumnado que cambia de centro.
Alumnado que inicia unha nova etapa nun centro adscrito.
Todo o alumnado de ESO e Bacharelato.
Se o neno/a segue no mesmo centro en Infantil ou Primaria, non hai que facer matrícula.
✅
Pasos para facer a matrícula:
Entrar na web Admisión Alumnado.
Identificarse (con Chave365 ou certificado dixital).
Seleccionar a opción “Matricular” (segundo o caso).
Cubrir os datos da familia, do alumno/a, escoller opcións (relixión ou proxecto competencial) e servizos (comedor, transporte…).
Subir a documentación (consultar a web/blog do centro).
Finalizar o proceso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario