AXUDAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DAS BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR.
- Aparecen reguladas na Orde do 27 de marzo, publicada no DOG no 68 do luns 30 de marzo de 2020.
- As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
- Os destinatarios/as destas axudas económicas están dirixidas aos seguintes usuarios/as do comedor:
- Os días que se compensarán nesta primeira fase, serán 14 días lectivos ata o comezo das vacacións de Semana Santa e tamén se contemplan outros 14 días no caso da prórroga do estado de alarma ata o día 1 de maio de 2020. En total serían 28 días lectivos. O pagamento faríase en dúas partes, correspondentes cada unha aos períodos antes sinalados.
- Poderase estender o previsto na presente orde de haber prórroga no Estado de Alarma.
- As solicitudes PRESENTARANSE OBRIGATORIAMENTE POR MEDIOS ELECTRÓNICOS A TRAVÉS DO FORMULARIO NORMALIZADO NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED601B).
- Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
- AS FAMILIAS QUE ACREDITEN DIFICULTADES PARA PRESENTAR POR MEDIOS ELECTRÓNICOS, SOLICITARÁN AO EQUIPO DIRECTIVO DO CENTRO EDUCATIVO AXUDA, MEDIANTE CORREO ELECTRÓNICO: ceip.nadela@edu.xunta.gal, OU CHAMANDO AOS TELÉFONOS DO CENTRO, EN HORARIO DE 10 A 13 H, ONDE SERÁN DEBIDAMENTE ATENDIDAS.
- Estas familias deberán facilitar por vía telefónica e/ou correo electrónico os seguintes datos:
- DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (pai/nai ou titor/a legal)
- Nome e apelidos do pai/nai/titor/a; nome e apelidos e curso dos fillos/fillas
- Número de conta bancaria completa no que se quere recibir o aboamento da axuda.
- O prazo de presentación comprende desde o día 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos os dous incluídos.
PREGAMOS QUE TODAS AS FAMILIAS QUE POIDAN TRAMITAR A SOLICITUDE POR SI SOAS O FAGAN, PARA ASÍ PODER PRESTAR TODA A ATENCIÓN ÁS QUE O PRECISEN DE XEITO ESPECIAL.
Independentemente do exposto, estamos a súa disposición no correo electrónico ou teléfonos, para atendelos ante calquera dúbida.
Moitas grazas pola súa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario