Rebumbio matemático


Onte, venres 28 de abril, alguns compañeiros de 6º de primaria participaron na XVII edición do Rebumbio Matemático.


Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes e coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.

Moita sorte a Alba, Pablo e Sergio!

Comentarios