jueves, 15 de febrero de 2018

Parabéns Laura!!

Queremos felicitar á nosa compañeira Laura Martín Pascual, xogadora da Selección Galega de Baloncesto, e que representará a Galicia no vindeiro Campionato de España que terá lugar no mes de marzo en Cádiz.




PARABÉNS LAURA!


jueves, 1 de febrero de 2018

ADMISIÓN DE ALUMNADO E RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PÚBLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2018-2019

O vindeiro 1 de febreiro iniciarase o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2018/2019.
  • Reserva de Praza para o centro de adscrición (alumnado de 6º EP que reserva praza para o IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes) do 1 ao 15 de febreiro. Presentarase no centro de orixe o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación (Anexo I)  A reserva de praza poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  
  • Solicitude de admisión (alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil/alumnado primaria) do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará  na secretaría do centro e tamén está dispoñible na páxina web da consellería de educación (Anexo II). A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . 
  • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da consellería de educación ou solicitar na secretaría do centro.

lunes, 29 de enero de 2018

Día Escolar da Non Violencia e a Paz





Puzzle realizado polo alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo






O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Este ano, o alumnado de sexto, realizou un videoclip coa participación de todo o alumnado do colexio.




Un grupo de alumnos do IES de As Pontes virá contarnos uns contos sobre a Paz, e para finalizar xuntarémonos na entrada de infantil para elaborar un mural e dar lectura a un manifesto.


Aquí podes ver as fotos da celebración.

jueves, 21 de diciembre de 2017

Nadal

Felices festas!
(...voltamos o día 8 de xaneiro)

Finalistas e gañadora do Concurso de Postais de Nadal

miércoles, 6 de diciembre de 2017

Papeleras

Acordádesvos que Tintileo nos deixou unhas papeleiras de cartón para decorar o Día das Bibliotecas?
Pois ben, aquí tedes os resultados!
Xa sabemos que non vai ser doado, xa que son todas moi bonitas!... pero podes votar polas túas favoritas na enquisa que tes na columna dereita do blog.










jueves, 23 de noviembre de 2017


Este curso, participamos de novo na campaña da ONU contra a violencia de xénero:

DI NON.ÚNETE. PARA POÑER FIN Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E NENAS.

O acto inicial destes 16 días de activismo, que nos achegan ao Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro), será o vindeiro luns 27 de novembro. Ese día acodiremos ao centro toda a comunidade educativa cunha prenda laranxa. 
Grazas pola vosa colaboración.



miércoles, 25 de octubre de 2017

Día da biblioteca





En agosto de 1992, a Biblioteca de Sarajevo foi bombardeada durante a Guerra de Bosnia. A biblioteca, que ocupaba un emblemático edificio histórico que fora o concello da cidade no pasado, ardeu durante tres días e, aínda que os traballadores da biblioteca e os veciños da cidade tentaron salvar os libros, perdéronse a metade dos fondos. O incendio da biblioteca converteuse nun poderoso símbolo, xa que supuxo a destrución de algo cultural e que non tiña ningún valor estratéxico en termos bélicos.



A biblioteca foi reconstruída tras o final da guerra (e volveu abrir as súas portas) e a súa historia foi o motor para poñer en marcha unha xornada especial, un día no que se homenaxea ás bibliotecas e o seu traballo. É o día da Biblioteca, que se celebra ano tras ano o 24 de outubro. 

No CEIP Manuel Mallo Mallo conmemoranos esta data coa presentación do PLAMBE, contando coa visita de Tintileo, esta vez acompañado de Neptuno, deus do mar, que nos propoñen  o proxecto:





Ao longo do curso 2017/2018, traballaremos arreo investigando acerca do que é a reciclaxe, recopilando materiais e experimentado as posibilidades artísticas que nos brindan. a biblioteca será o centro neurálxico de todo o proxecto, do que iremos dando conta a través dos blogs da escola.

Hoxe Tintileo deixounos un par de papeleras de cartón en cada aula, xa veremos o que faremos con elas...

De momento, compartimos con vós os mellores momentos desta presentación NESTE VÍDEO






Tamén podedes ver as fotografías AQUÍ.









lunes, 9 de octubre de 2017

Exhibición Policía Nacional

Hoxe, luns 9 de outubro, nunha actividade xestionada pola ANPA do colexio, visitaron o CEIP Manuel Mallo Mallo dous policías que achegaron á escola un par de coches patrulla, para informarnos do seu funcionamento e do traballo do corpo de seguridade.
Disfrutamos moito!



Visita do CD Lugo

O pasado venres 6 de outubro, recibimos no colexio a visita de Ignasi Miquel, xogador do 


CD Lugo, acompañado dun entrenador das categorías inferiores. Charlaron cos alumnos de todos os cursos e nos agasallaron cunhas entradas para poder presenciar o vindeiro partido en Lugo do clube da nosa cidade.