COMEDOR ESCOLAR
Co obxecto de aclarar o réxime aplicable ao alumnado escolarizado voluntariamente fóra da zona de influencia que lle corresponde, considérase necesario lembrar a evolución das instrucións de Comedores Escolares de Xestión Directa:
- Ata o curso 2024/2025 (incluido), o alumnado de fóra de zona que xa estaba matriculado no centro podía manter o prezo do servizo de comedor correspondente ao seu tramo de renda.
- A partir do curso 2025/2026, a Instrución 1/2025 estableceu unha diferenza entre:
- Alumnado de fóra de área de influencia que se matriculase por primeira vez no centro debía aboar 4,50 € por día de servizo, con independencia da renda familiar, así como doutras casuísticas de gratuidade contempladas na citada Instrución.
- Alumnado de fóra de área de influencia xa matriculado no centro con anterioridade (curso 2024/2025 e anteriores) aínda que non consolidaba a praza de comedor, podía manter o prezo correspondente ao seu tramo de renda.
Deste xeito o alumnado de fóra de área de influencia que se incorporase ao centro por primeira vez a partir do curso 2025/2026 deberá aboar 4,50 € por día de servizo ao longo deste curso e en cursos sucesivos.
Así mesmo, cómpre lembrar que o alumnado escolarizado fóra da área de influencia non ten dereito preferente aos servizos complementarios de comedor e transporte escolar. A súa admisión ten carácter excepcional e deberá solicitarse anualmente, quedando condicionada á dispoñibilidade de prazas e á atención prioritaria do alumnado con dereito preferente.
Polo tanto, para a correcta aplicación das tarifas e da admisión ao servizo de comedor, os centros deberán ter en conta:
1. A data de primeira matriculación do alumnado no centro.
2. Se o alumnado se atopa ou non dentro da zona de influencia que lle corresponde.
3. A Instrución aplicable ao curso escolar correspondente.
4. A necesidade de solicitar anualmente a praza de comedor no caso do alumnado de fóra de zona.
5. A aplicación da tarifa de 4,50 € por día cando así corresponda, sen aplicar os tramos de renda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario