viernes, 27 de febrero de 2026

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2026-2027

 


INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS ADMISIÓN DE ALUMNADO

PARA O CURSO 2026-2027


NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

·         DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

·         ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

·         Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2026-2027.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Prazo de presentación: Do 1 ao 23 de marzo, ámbolos dous incluídos.

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexos I-bis, II-bis).


 MATRÍCULA

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos: 

·         Educación infantil e primaria ->do 20 ao 30 de xuño.Tamén podedes facer a reserva de praza a través da aplicación informática “admisión alumnado” co certificado dixital ou a Chave365. Toda a información aquí. www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

·         Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

·         Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

·         Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

·         ANEXOS I e II debidamente cubertos e asinados da solicitude ED550B

·         Certificado de padrón onde figuren todos os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano.

·         Orixinal e fotocopia do DNI do alumno/a ou do libro de familia.

·         Proximidade do lugar de traballo do pai/ nai, documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto.

·         Calquera outra documentación acreditativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, discapacidade, etc.,).

·         Acreditación de familia monoparental.

·         Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, deberá facerse constar a cantidade correspondente á base imposible no caso de declaración conxunta, ou a base impoñible de cada un dos declarantes no caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro da declaración do ano 2024) 

·         Criterio complementario para a adxudicación dun punto polo Centro: Que todos os centros solicitados sexan centros públicos.


   Manual axuda para as familias.


 

viernes, 16 de enero de 2026

 

Reserva de praza para Educación Secundaria 

Curso 2026/2027


Estimadas familias de 6º de Educación Primaria:


Informámosvos de que comeza o proceso de reserva de praza para o alumnado que remata a súa etapa no noso colexio e desexa continuar os seus estudos no centro de secundaria ao que estamos adscritos: o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

O alumnado que desexe escolarizarse noutro centro educativo, debe esperar á apertura do plazo ordinario de admisión de alumnado (1 ao 20 de marzo).

O período para solicitar a reserva abrangue dende o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos..

Documentación necesaria

Para formalizar o trámite, deberedes achegar:

  • Anexo I-bis (Modelo ED550Abis): para a comprobación de datos e o consentimento de ambos proxenitores, titores ou acolledores.
  • Libro de familia: copia do documento ou equivalente onde figure o/a alumno/a. En caso de acollemento, a resolución administrativa ou xudicial correspondente.
  • DNI/NIE: Se vos opoñedes á consulta automática de datos por parte da administración, debedes achegar unha copia dos documentos de identidade dos solicitantes.

Como presentar a solicitude?

Tedes dúas opcións para realizar este trámite:

Normativa de referencia

Este procedemento desenvólvese segundo o establecido no Decreto 13/2022 e a Orde do 21 de outubro de 2022, que regulan a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

Un saúdo,

O Equipo Directivo do CEIP Plurilingüe de Nadela

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2026-2027

  INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2026-2027 NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ·          DECRET...