viernes, 28 de febrero de 2025

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2025/2026






Iníciase mañá proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2025/26, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e que ten os seguintes prazos:

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2025: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2025: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2025: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • Do 20 ao 30 de xuño de 2025: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
Documentación a presentar 

  • ANEXOS I e II debidamente cubertos e asinados da solicitude ED550B
  • Certificado de padrón onde figuren todos os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Orixinal e fotocopia do DNI do alumno/a ou do libro de familia.
  • Proximidade do lugar de traballo do pai/ nai, documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto.
  • Calquera outra documentación acreditativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, discapacidade, etc.,).
  • Acreditación de familia monoparental.
  • Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, deberá facerse constar a cantidade correspondente á base imposible no caso de declaración conxunta, ou a base impoñible de cada un dos declarantes no caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro da declaración do ano 2024) 
  • O criterio complementario para a adxudicación dun punto polo Centro: Que todos os centros solicitados sexan centros públicos.

 Ligazóns de interese para as famlias:

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2025/2026

Iníciase mañá proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2025/26, regulado pola   Ord...