jueves, 24 de febrero de 2022

Semana de Entroido

Neste álbum, podedes ver fotos e vídeos da celebración da Festa de Entroido.




No noso colexio comezamos esta semana a festexar o entroido, levando cada día algo especial (trenzas, lentes de científica/o, medias de cores, pano na cabeza). Mañá chegará o colofón desta celebración…o desfile no patio do colexio de todo o alumnado cos seus disfraces e algunha que outra sorpresa!





lunes, 21 de febrero de 2022

Kungfu inglés: Valentina

Valentina, a nosa auxiliar de conversa de inglés rematou por este curso a súa estancia no noso cole, pero deixounos a súa canle de YouTube, na que podes poner a proba a túa pronunciación e mellorar a púa habilidade para falar inglés! Suscríbete á canle de Valentina!

(Podes acceder en calquera momento empregando o enlace que está debaixo do título do blog)




martes, 11 de enero de 2022

Reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

 Solicitude de Reserva

IES N.S. Ollos Grandes

(alumnado 6º EP)

Prazo aberto: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro, acceder á aplicación. admisiónalumnado, nela deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica: Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
 
    3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: 
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

    martes, 21 de diciembre de 2021

    NADAL 2021









    Ademáis da felicitación de Noa Cabaleiro (2º de educación primaria), resultaron finalistas as postais de Mario Álvarez (6º curso de educación primaria) e a de Ariadna Pena (5º de educación infantil).

    As recomendaciones de lectura para o Nadal, poderanse consultar nos vinieron días no blog da biblioteca. 

    Bo Nadal!







     



    jueves, 18 de noviembre de 2021

    ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR: SECTOR NAIS/PAIS

    PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

    CURSO 2021-2022

    CIRCULAR INFORMATIVA - SECTOR PAIS/NAIS

     

    De acordo coa Convocatoria do 5 de novembro, recórdase que o próximo día 25 de novembro, en horario de 9:00 h. ás 9:30 h.  e de 13:30 a 15:40, terá lugar neste centro a votación para a elección do representantes do sector dos pais/nais no Consello Escolar.

    Para participar na referida votación, tal como se sinala na citada Convocatoria, procederase da forma seguinte:

    1.- Quen pode votar

    Teñen dereito a votar todos os pais/nais  do alumnado matriculado no centro e que figuran no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral despois da súa exposición pública regulamentaria.

    Tal dereito corresponde indistintamente ó pai e a nai, polo que son electores o pai e a nai.

    2.-Modo de emitir o voto

    a)   O voto será directo, segredo e non delegable.

    b)   As papeletas e os sobres da votación serán, obrigatoriamente, as previamente fixadas pola Xunta Electoral, papeletas e sobres dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

    c)   Nas referidas papeletas figurarán os nomes das candidatas e cada elector ou electora debera marcar cunha cruz no cadro correspondente a  dúas.

    d)   Os votantes deberán acreditar a súa personalidade mediante exhibición do DNI ou documento similar.

    e)   Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a acta correspondente.

     

    CANDIDATAS QUE SE PRESENTAN

    ·        Mª Teresa Álvarez Higuera

    ·        Paula Ansuar García

    ·        Mónica Gil Castro

    ·        Talía López del Pozo

    ·        Carmen Prendes Veiga

     

                            Lugo, 17 de novembro de 2021

                  A directora

     

     

     

                    Mª Teresa de Juan Lerma



    Disponible a convocatoria do sector nais/pais para o proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar do centro.




    DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

     

    COBERTURA DAS NECESIDADES SANITARIAS DERIVADAS DA COVID-19

    Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021

    INSTRUCIÓNS ALUMNADO IMPLICADO

    Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

    ·         Non ten que presentar solicitude:

    a.    O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

    ·         Ten que presentar solicitude:

    a.    O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021- 2022 que cumpraalgunha das seguintes condicións:

    b.    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

    c.    Alumnado matriculado en educación especial.

    d.    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

    e.    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

    SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

    •      Forma de presentación da solicitude: unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I).

    •     A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.

    DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    •      Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

    •      Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

    -      Certificado ou volante de convivencia.

    -      Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

    •      Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica. d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, encalquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

    •      Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

    •      Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

    •      Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais oudo órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

    •      A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a.

     

     PRAZO: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

    sábado, 13 de noviembre de 2021

    Celebrando o outono.

     Hoxe celebramos un magosto no colexio. Non foi unha festa como outros anos polas restriccións pola situación COVID pero anda así tivemos unha celebración ben chula!

    A entrada do edificio administrativo está moi fermosa, decorada coas creación do alumnado en colaboración coas súas familias. GRAZAS! Unha vez máis respondestes dun xeito incrible! Neste vídeo podedes ver todas as creaciones que nos achegastes ao cole:


    E, aínda que non era un concurso, Tintileo decidiu outorgar unha premio especial a Lola de sexto curso que presentou un precioso traballo cunha temática moi relacionada coa biblioteca (ao final do vídeo).





    Tamén se entregaron os premios do concurso de microrrelato (Xiana de quinto e Mario de cuarto) e debuxo de terror (Cristóbal de segundo e Chloe, de cuarto educación infantil).






    O olor do outono chegou este ano da man do tren dun castañeiro, que pasou a mañá asando as castañas  no patio para nós.


    Como xa é costume no cole, realizamos os tradicionais xogos do masgosto, aínda que non rotamos polos xogos dos demais cursos. De todos os xeitos pasámolo tan ben como podedes ver nas fotografías deste álbum web: 


    martes, 26 de octubre de 2021

    MULLERES

    Para celebrar o Día das Bibliotecas iniciamos o Proxecto Documental Iintegrado "Mulleres", co que pretendemos poner en valor o papel da muller en distintos ámbitos sociais e culturais, educando en igualdade para que as nosas nenas e nenos medren coas mesmas oportunidades.

    Agradecemos a desinteresada e xenerosa participación dos colaboradores que nos axudaron na presentación deste proxecto, recitando o poema creado polo alumnado do nos centro "Vivan as mulleres!"





    lunes, 25 de octubre de 2021

    ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

     RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2021-22

    Resolución do 20 de setembro de 2021. DOG do 29 de setembro





    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:


    • A Directora.
    • Unha mestra ou mestre.
    • Unha nai, pai ou titor/a legal.
    • Un representante do persoal de administración e servizos.

    Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 9 de agosto).

    Dito sorteo, que será público, e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo mércores, día 27 de outubro, ás 11:45 horas na sala de profesoras.

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.